Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O coche novo ten constantes avarías

En outubro do 2001 adquirín un vehículo novo nun concesionario, con garantía ata abril do 2004. Ó terceiro mes tiven que cambiar a caixa de cambios. Máis tarde chegaron ruídos na dirección e problemas no alternador e no termóstato. Informáronme de que o perito xa pasara, pero que non aprobaron aínda a reparación. Tamén solicitei un vehículo de substitución e negáronmo, alegando que a extensión da garantía que paguei non me dá dereito a iso, ó contrario que durante o primeiro ano de garantía "oficial". Que podo facer?

 En primeiro lugar e no tocante ó réxime de garantía que ten o vehículo, hai que partir da data de compra, outubro do 2001. Isto significa que neste caso non é aplicable a nova Lei de garantía, que entrou en vigor en setembro do 2003, e aplícase o réxime anterior. Segundo dispuñan estas normas, tíñase dereito á reparación gratuíta dos defectos do vehículo durante un prazo de seis meses. Seguindo coa antiga Lei, cando a reparación non fose satisfactoria ou se reproducise a avaría, o consumidor ten dereito a solicitar a substitución do vehículo por outro novo ou a devolución do prezo mediante a resolución do contrato de compra. Neste caso a garantía xa rematou, pero o vehículo continúa garantido comercialmente ata abril do 2004. Suxerimos ler detidamente as condicións da garantía que actualmente continúa vixente para verificar os dereitos e reclamalos. Comprobar se certamente non se dispón do dereito ó vehículo de substitución e, no caso de dispor del por contrato, solicitar unha folla de reclamacións e deixar constancia do incumprimento do taller no tocante a esta cuestión. E, no suposto de que en breve non se entregue o vehículo debidamente reparado, acudir a unha Oficina Municipal de Información ó Consumidor para reclamar. En defecto dunha solución satisfactoria ós seus intereses por mediación da OMIC, suxerimos acudir a un avogado e valorar a presentación dunha demanda xudicial antes do vencemento da garantía. Para rematar, cómpre documentar, para este tipo de accións, todas as entradas do vehículo ó taller coas súas datas e sinaturas de ambas as partes.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto