Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Unha dor de oídos impediulle aproveitar todas as actividades contratadas nunha viaxe

Fomos de viaxe de mozos a Venezuela e durante a viaxe de ida a miña esposa sufriu fortes dores de oído que máis tarde empeoraron. Os responsables da empresa prestadora de servizos estiveron ó corrente de todo desde o comezo. A doutora aconsellou o tratamento e anulamos varias actividades acuáticas previstas. De volta a España notificámoslle ó comerciante polo miúdo o que acontecera, entregamos a documentación dos facultativos e reclamamos o pagamento das actividades non realizadas, entendemos que por forza maior. O organizador tardou mes e medio en contestar, e a súa devolución non chega ó 25% do total do custo das actividades non realizadas. Debemos aceptar os cartos ou seguir con reclamacións?

 A responsabilidade das axencias de viaxes esténdese ós danos sufridos polo consumidor como consecuencia da non execución ou execución deficiente do contrato. Pero, segundo a Lei de viaxes combinadas, esta responsabilidade cesará cando os defectos aludidos se deban a motivos de forza maior, entendendo por tales as circunstancias de consecuencias inevitables aínda actuando coa dilixencia debida. Sinálase, neste caso, o carácter fortuíto da enfermidade da esposa, que lle impediu realizar a viaxe contratada unha vez iniciada esta. Precisamente este carácter fortuíto -a dor de oído comezou cando a viaxe xa comezara- liberaría de responsabilidade a axencia de viaxes. Entendemos que neste caso non se produce un incumprimento das obrigas da axencia, senón un acontecemento que a axencia, aínda poñendo toda a dilixencia necesaria, non podía prever nin superar. Como a axencia cumpriu coas súas obrigas e asistiu nas dificultades, consideramos que non hai responsabilidade pola que solicitar unha indemnización. Suxerimos que se acepte a cantidade que se ofrece, pero previamente cumprirá comprobar os termos do seguro de viaxe por se se tivese dereito a unha indemnización maior. Agora ben, en caso de que, tras unha detida valoración, se considere que a axencia non prestou a debida asistencia, ou que contribuíu a retardar a curación da enfermidade ou a melloría precisa para continuar a viaxe combinada nas condicións pactadas, poderíase solicitar unha indemnización por dano moral.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto