Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

Gastronomías exóticas: Produtos de calidade e fidelidade das receitas, a clave

A oferta gastronómica internacional multiplicouse en pouco tempo. Os restaurantes italianos e chineses que proliferaron nos anos 80 pasaron a formar parte do panorama tradicional e a eles sumáronse, entre outros, establecementos con sinatura oriental e africana. De maior ou menor calidade, responden a un intento de emular os sabores do país de orixe. A globalización de mercados permite atopar sen maior dificultade moitos dos produtos necesarios para a súa elaboración. Con todo, como podemos saber se nos están dando gato por lebre?

Cociña árabe

  Falar de cociña árabe é xeneralizar sobre unha cultura gastronómica que abrangue moitos países, con produtos culinarios e costumes ben diferentes. O concepto común que se exportou ó mundo occidental baséase en receitas dos países do Magreb. Na súa mesa predominan potaxes, cocidos e estufados e, por suposto, os doces e os froitos secos. O cuscús é o prato máis emblemático desta cociña. Trátase dunha pasta de sémola de trigo, cociñada ó vapor, na que varían os ingredientes complementarios segundo a zona onde se cociñe, aínda que predominan a carne de año ou polo e as verduras. Tamén é característico e centenario a baba ghannoug, un puré que por exemplo en Exipto se elabora con berenxenas peladas e asadas ó forno, acompañado cun aliño a base de zume de limón, aceite de oliva e allo machucado. Na carta dun bo restaurante árabe deberá aparecer o hummus bi tahine ou puré de garavanzos; e o tabbouleh, un prato libanés elaborado con trigo partido, remollado e escorrido, que se mestura con tomates, cebola picada, menta e perexil, e que se aliña con aceite de oliva e zume de limón. A carta, en orixe, non se ordena por entrantes e seguintes pratos, aínda que nos restaurantes árabes occidentais si se faga así.

Cociña india

  En occidente este termo limítase á cociña hindú, unha parte do gran país oriental. A utilización de especias é básica, especialmente do curry, aínda que habitualmente se recorre a máis de 20, desde o xenxibre e a noz moscada ata a semente de papoula. Unha das súas xoias gastronómicas é a variedade de pans, chamados nan e cociñados en tandoor, un forno de barro. Entre o amplo repertorio destacan o peshwari nan, pan recheo con coco en noces; e o paratha, preparado con manteiga. Como prato forte, sérvese o año con salsa de pemento picante e iogur, coñecido como rogan Josh. Pódese preparar tamén con carneiro ou carne de vacún. O año e o polo alcanzan as súas máis exquisitas presentacións co sheekh kebab (año sazonado á grella) ou co famoso polo tandoori (cachos de polo con ósos macerado en iogur con especias e herbas aromáticas, cocidos en forno de barro). Outros pratos que deben estar presentes nunha boa carta hindú son o puré de lentellas con vexetais -en ocasións cuberto de caramelo- coñecido como dhal, o arroz fermentado ou masala dosa, e os bajji raitas, iogur con cogombros e menta. Entre os doces, xunto ós pasteis, pudins e filloas, destacan o kulfi (xeado típico indio) e as rasgullas (bólas de queixo con auga de rosas).

Cociña xaponesa

  Cociñando peixe os xaponeses alcanzaron auténticas cotas de perfección. E contrariamente á idea xeneralizada, para levalo á mesa adóptanse as máis variadas preparacións, non só cru: tamén se presenta afumado e frito, pasado pola grella, fervido e salgado. A fórmula máis coñecida é o tempura, e nalgúns restaurantes adoitan fritilo diante do cliente. Claro que se hai un prato xaponés por excelencia, este é o sushi, que ten como ingredientes básicos a alga nori, o arroz e o recheo a base de peixe cru, verduras crúas e tortilla. Existen numerosas variantes deste prato. As dúas modalidades máis coñecidas son o sushi norimaki (varias clases de peixes crus, cortados finos e enrolados en alga nori con arroz e un pouco de mostaza) e o nigiri sushi, que se presenta a xeito de bólas de arroz que foron amasadas coas mans húmidas, enriba das cales se coloca un chisco de mostaza xaponesa (o coñecido e picante wasabi) para despois tapalas cun anaco de peixe cru. En Xapón os pratos non se presentan un tras outro, coma en occidente, senón que se serven todos asemade. Normalmente, un menú xaponés consta dun prato principal e doutros dous máis pequenos, acompañados de sopa e arroz.

Cociña tailandesa

Como en todos os países asiáticos, tamén en Tailandia a cociña está baseada no arroz e, de xeito particular, na sopa, un prato que non pode faltar. A raíña das sopas é a Tom Yam Kung, unha delicia de gambas aromatizada con ceboliño, follas de lima, pequenas cebolas vermellas, pemento picante e follas de coendro. Amais da sopa, as súas deliciosas salsas distinguen a gastronomía tailandesa, preparadas con ingredientes como pementos picantes, pasta de caranguexo, allo e especias. Algunhas desempeñan un papel específico, como, por exemplo, a salsa de peixe (nam pla) fermentado con sal que ofrece un sabor característico a case todos os pratos e substitúe o sal. Un bo restaurante tailandés non pode esquecer a fructicultura tropical. Os coloridos e sabedores froitos dispóñense en pirámide no centro da mesa durante toda a comida. De feito, unha comida tailandesa tradicional preséntaselle a cada comensal nunha bandexa cunha serie de pratos, algúns tapados, outros non, e un cunco grande de arroz, tapado. A comida pode consistir en arroz e nuns cinco pratos máis, entre os que se inclúe curry de polo ou de carne, peixe, verduras, ensalada e sobremesa e algunha salsa picante.

Cociña vietnamita

A cociña vietnamita resulta especialmente variada, existen uns cincocentos pratos tradicionais diferentes; desde carnes exóticas coma o morcego, a cobra e o pangolín, a creacións vexetarianas fantásticas (a miúdo preparadas como complemento ós pratos de carne e peixe). Pero a base da cociña vietnamita constitúea o arroz branco acompañado de verduras abundantes, carne e peixe sazonados con especias e salsas. Os roliños de primavera, que orixinalmente se chaman nem ca, e os pancakes chamados sagu, conforman os aperitivos máis populares; e as omnipresentes sopas inclúen a anguía e o cabelo de anxo, o polo en anacos e un resaibo amargo. Na mesa sérvense varios pratos que son compartidos polos comensais. Xeralmente sérvese arroz banco acompañando pratos de carne, peixe, marisco ou verduras, con salsas e especias en recipientes á parte. Son típicos os roliños de primavera, os tallaríns, as sopas, e tamén as sobremesas tradicionais a base de coco, plátano ou arroz. O café é unha das principais colleitas do país, e a súa calidade é excelente.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (174 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto