Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Novos televisores: Coma no cine

As diferentes tecnoloxías fan complicado decidir que televisor adquirir

  Entre as novas tecnoloxías que invaden o fogar, empuxan con especial forza os equipos destinados a montar un 'cine na casa'. Ós completos sistemas de audio únense pantallas de televisión planas e inmensas con boa calidade de imaxe que farán as delicias dos afeccionados ás películas. O principal problema, común a todas as tecnoloxías incipientes, é que os novos produtos son excesivamente caros e que nada garante que calquera dos inventos revolucionarios non teña unha vida efémera, superados por outras tecnoloxías.
Actualmente hai varias alternativas que ameazan o longo reinado do televisor de toda a vida, o do tubo de raios catódicos (CRT), que, así e todo, aínda goza de boa saúde. Aínda que moitos ven preto o final destes monitores, as novas tecnoloxías atopan difícil superar o compendio de virtudes que atesoura: excelente calidade de imaxe mesmo en ambientes con moita luz, grande ángulo de visión, longa vida e, por riba de todo, baixo prezo. Ademais, case todos os fabricantes venden modelos con pantallas que evitan reflexos e que incorporan o novo formato 16:9 (proporción ancho-alto da pantalla), que se adapta ó tamaño das máis das películas, no canto do clásico da televisión 4:3.

O maior inconveniente é o seu tamaño: as máis grandes (40 polgadas) superan os 60 centímetros de fondo e os 130 quilos de peso. Ese talón de Aquiles é o que explotan os novos televisores planos de atraente deseño, con grandes pantallas, moito máis lixeiros, cada vez máis baratos (aínda caros) e con mellor calidade de imaxe (que aínda non chega á dos televisores convencionais).

Televisores como cadros

Dentro dos televisores planos a loita entre dúas tecnoloxías, Plasma e LCD, está en plena efervescencia. As dúas compiten en delgadeza e en elevados prezos, aínda que todo sinala que o LCD rematará gañando grazas á súa fabricación masiva para monitores de ordenador, que redundará nunha mellora de calidade e forte e rápida caída de prezos. Pero, polo momento, os dous son un luxo ó alcance de moi poucos.

Para ir por un televisor de plasma -así chamado porque a imaxe se forma con diminutas celas recheas con gas ionizado en estado de plasma, coma nos tubos fluorescentes- cómpre levar na carteira polo menos 3000 euros. A cambio o mercador adquire un televisor de pouco máis de sete centímetros de fondo que se pode admirar mesmo apagado (hai sistemas para amosar cadros famosos cando están apagados) e que, unha vez aceso, ofrece unha calidade de imaxe próxima á do CRT (as convencionais), aínda que perde un chisco nos tons máis escuros.

Aínda máis planos (ata cinco centímetros), os televisores LCD veñen sendo o irmán pobre do plasma. Son máis pequenos (ata unhas 37"), de aspecto menos estilizado, amosan peor as cores negras e seguen sendo moi caros, mesmo máis có plasma en relación ó tamaño da pantalla. Agora ben, son máis brillantes, polo que non os perturba tanto a luminosidade do contorno e viven máis tempo: 50.000 horas fronte ás 25.000 de media ás que comeza a fallar o plasma.

Cuestión de tamaño

Os retroproxectores son a fórmula para contar con pantallas de máis de 50" sen que saia tan custoso coma unha TV de plasma. A maioría son de formato panorámico (16:9) e están adaptados para a alta definición (coma a que ofrece un DVD). Teñen unha calidade case tan boa coma as televisións convencionais, e a súa espesura está a medio camiño entre as anchas CRT e as case planas de plasma ou LCD.

Para achegarse aínda máis á pantalla do cine, o máis conveniente son os proxectores: canóns de luz do tamaño dunha caixa de zapatos, que se poden conectar ó PC, TV, DVD, etc., capaces de proxectar unha imaxe de 300 polgadas (7,6 metros de diagonal). Con prezos a partir de 1000 euros e ata máis de 6000, dependendo da resolución, do brillo ou luminosidade, o seu grande atractivo é o tamaño da imaxe, adaptable grazas ó zoom ou á distancia á que se sitúe da pantalla. A pega é que cómpre moito espazo -así e todo, algúns en tan só dous metros proxectan unha imaxe de 80"-, controlar a luminosidade do contorno e adquirir unha pantalla á parte, aínda que unha parede axeitada pode servir (con peor calidade de imaxe). Ademais, as lámpadas, que custan arredor de 400 euros, só duran unhas 3000 horas.

  Así funcionan as cousas
www.howstuffworks.com
As bombas nucleares, os teléfonos móbiles, os motores diésel, a neveira, os televisores de plasma, os proxectores... como funcionan?

  Todo sobre os proxectores
www.projectorcentral.com
LCD, LDP, LCOS: unha completísima guía en inglés para quen teña pensado adquirir un proxector.

A tele de antes
www.teacuerdas.com
  Series como Crónicas dun Pobo, Os camioneiros ou O Virxiniano, e programas como Os Chiripitifláuticos e A Guagua para recordar a tele de 1940 a 1989.

A favor e en contra

  • CRT. A madurez desta tecnoloxía alcanzou cotas difíciles de igualar, tanto en calidade coma en prezo. O problema é a limitación do tamaño de pantalla, que ademais nos seus formatos máis grandes converten os televisores en verdadeiros armarios.
  • Plasma. Un investimento próximo ó millón de pesetas serve para ter o último en televisores; planos, xigantes, con grande ángulo de visión e con conexións para o PC; pero non perfectos: amais de moi caros non amosan ben as cores máis escuras e padecen o efecto burn-in (unha imaxe estática que aparece durante moito tempo queda 'pegada' á pantalla).
  • LCD. As pantallas aínda non alcanzan o tamaño das de plasma, pero son aínda máis planas. Son tamén caros e amosan peor os negros, pero vense mellor en habitacións iluminadas e, quizais o máis importante, augúraselles un futuro brillante a medida que vaian gañando resolución, ángulo de visión, contraste... e perdan prezo.
  • Retroproxectores. Gran tamaño de pantalla a menor prezo có plasma, pero sen seren tan planos. A súa calidade é próxima á dos televisores convencionais.
  • Proxectores. Auténtico cine na casa: de 1 metro a 7,6 metros de diagonal sobre a pantalla ou parede. Requiren moito espazo e as lámpadas (a súa reposición custa 400 euros) non duran máis de tres anos.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto