Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Nova Lei de autónomos: Melloran algunhas coberturas

A nova regulación non supón a equiparación legal entre autónomos e traballadores por conta allea

  O número de traballadores por conta propia en España ascende, segundo os últimos datos achegados polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a tres millóns de afiliados. A reforma legal que recolle o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), aprobada o pasado 10 de outubro de 2003 a xeito de Real Decreto, regula a cobertura de continxencias profesionais, incluíndo unha serie de melloras en materia social e económica que buscan un maior equilibrio entre as condicións laborais dos traballadores autónomos e os de conta allea.

Baixa laboral

De acordo á nova reforma legal, desde o pasado 1 de xaneiro os autónomos poden acceder á prestación por incapacidade temporal, tanto por enfermidade común coma por accidente de traballo e enfermidade profesional, do mesmo xeito cós traballadores dependentes dun organismo.

Enfermidade común. Todos os traballadores por conta propia do Réxime Especial de Autónomos, do Réxime Especial Agrario e do Especial do Mar recibirán as prestacións da Seguridade Social a partir do cuarto día, tal e como se presenta no Réxime xeral. Esta é, sen dúbida, a medida que maior acollida tivo entre este grupo de traballadores polo salto que supón con respecto á regulación vixente ata hai poucos días, en virtude da cal recibían a prestación a partir do décimo quinto día de baixa. A contía da prestación será do 60% da base reguladora desde o cuarto ata o vixésimo día de baixa e, desde ese mesmo día ata a alta será do 75%.

  Lembremos que no Réxime Xeral, a base de cotización dun traballador por conta allea -é dicir, a cantidade que determina cánto se cotiza á Seguridade Social, calcúlase en función do seu salario. O problema ó que se enfrontan os traballadores autónomos é que non adoitan ter un salario fixo. Por esa variabilidade, a base de cotización -a cantidade que permite calcular canto debe cotizar á Seguridade Social- non se calcula en función do salario. Os autónomos, ó se daren de alta no sistema, elixen entre unha base de cotización mínima e unha máxima determinadas na normativa. Canto máis alta sexa a base, máis se cotiza e máis se paga, e polo tanto, máis elevadas serán as prestacións en caso de incapacidade temporal. Para ter cuberta esta prestación un traballador por conta propia terá que pagar o 29,80% da base de cotización elixida. Se non se desexa cubrir, cotizará un 26,5% da mesma. Importante: se non se opta pola cobertura de incapacidade temporal no momento da alta como autónomo, cumprirá agardar 3 anos para facelo. O mantemento da cobertura será esixible durante un período de 3 anos prorrogable por períodos iguais.

Enfermidade profesional e accidente de traballo. A normativa di que "será accidente de traballo o ocorrido como consecuencia directa e inmediata do traballo que realiza pola súa conta o traballador autónomo". Así, o autónomo ten dereito ás prestacións por esta continxencia, do 75% da base reguladora, sempre que o accidente se produza durante o tempo de traballo, no lugar de traballo e cando se probe a conexión directa e inmediata co traballo realizado. De acordo á nova reforma, os contratempos que un autónomo poida sufrir no traxecto de ida e volta cara ó lugar de traballo -os accidentes chamados in itinere- non se consideran accidentes de traballo, ó contrario ca no caso de empregados por conta allea, réxime en que si se contempla este tipo de accidentes como in itinere.

O acceso á prestación de baixas por enfermidade e accidente de traballo é voluntario e para poder beneficiarse dela resulta condición indispensable que o autónomo se acollera á cobertura de incapacidade temporal.

Exencións e redución do pagamento de cotas

Os traballadores por conta propia con 65 anos ou máis que acrediten que cotizaran un mínimo de 35 anos non están obrigados a pagar máis as cotas da Seguridade Social. En caso de que o titular cumprise os 65 anos pero non reunise este requisito, a exención será aplicable a partir da data en que se acrediten os 35 anos de cotización. Só terán que cotizar se desexan ter cubertas as continxencias de incapacidade temporal e as profesionais, un 3,3% no primeiro caso e o % do epígrafe da súa actividade no segundo.

 Os mozos e mulleres de nova incorporación no Réxime Especial de Traballadores Autónomos poden aproveitar a vantaxe contemplada polo novo regulamento para persoas de ata 30 anos de idade e mulleres que teñan 45 ou máis anos, pola que poden optar, se o desexan, por cotizar nos tres primeiros anos por unha base mínima inferior nun 75% á base mínima. É dicir, poden elixir unha base de cotización entre 566,70 euros (75% de 755,40, que é a base mínima) e 2731,50 euros, que é a base máxima.

Pensións por incapacidade

Os traballadores por conta propia equipáranse ós traballadores suxeitos ó Réxime Xeral da Seguridade Social no dereito ás pensións por incapacidade permanente.

  • A parcial
    Se deriva de continxencias comúns, non se protexe.
    Se deriva de continxencias profesionais, si se protexe. Considérase incapacidade permanente parcial para a profesión habitual a que, sen acadar o grao de total, lle ocasione ó traballador unha diminución non inferior ó 50% do seu rendemento normal para esta profesión sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais daquela.
  • A total
    A todos os traballadores autónomos, independentemente da idade que teñan, recoñéceselles a posibilidade de optar entre unha indemnización de 40 mensualidades ou unha pensión equivalente ó 55% da base reguladora no momento do feito causante.

    E en caso de que se cumpran todos os requisitos seguintes, recoñécese un incremento da pensión nun 20% da base reguladora a partir do mes seguinte ó cumprimento de 55 anos. Trátase das seguintes condicións:

    • Ter 55 anos ou máis.
    • Non exercer ningún traballo polo que cobre (nin por conta allea nin propia).
    • Non figurar como titular de explotación marítima pesqueira ou agraria, ou dun establecemento aberto ó público como propietario ou arrendatario.

Faltan coberturas

Desde a Federación Nacional de Traballadores Autónomos (ATA) amósanse satisfeitos co paquete de medidas aprobadas, pero lembran que con elas se equipara a protección social dos autónomos só nun 90% con respecto ós traballadores por conta allea. As súas principais reivindicacións:

  • A nova lei non autoriza a que os autónomos cobren prestacións por desemprego, nin sequera cando este sexa orixinado por causas alleas á súa vontade.
  • Non se equipara a xubilación anticipada á dos traballadores do réxime xeral.
  • Non teñen a posibilidade de incluír os familiares dos autónomos no Réxime Familiar cos seus dereitos e obrigas.
  • Non se cobren os accidentes in itinere para autónomos.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto