Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Visitados e estudiados 137 establecementos de óptica de 13 cidades: Hixiene e asesoría, aspectos que cómpre mellorar nas ópticas

Convén preguntar moito, pedir orzamento en varias ópticas e pensalo ben antes de mercar

Para atinar nas ópticas

  • Os oftalmólogos son médicos: poden detectar patoloxías oculares e receitar medicamentos.
  • Os ópticos-optometristas poden efectuar medicións e vender lentes, pero non diagnosticar patoloxías. Se as detectan, recomendarán visitar o oftalmólogo.
  • Solicite, cada vez que acuda a unha óptica, unha revisión da vista ou un exame optométrico, xa que puido variar a súa graduación; algunhas realízanos de xeito gratuíto e sen compromiso de compra.
  • Esixa un orzamento e visite varias ópticas: a gama de monturas, lentes e lentes de contacto, así como a tarifa de prezos, é moi diversa entre unhas e outras. Comparando elixirá mellor e aforrará.
  • Pida que lle informen -detalladamente e con tempo abondo- das características de cada un dos produtos que lle aconsellen.
  •  Antes de ir á óptica, reflexione e determine o uso que lles dará ás gafas: se son só para ler, para ver a televisión ou para telas de reposto, elixindo as monturas máis baratas aforrará moito. No tocante ós cristais e lentes de contacto, valóreos tamén tendo en conta as necesidades de uso.
  • Solicite unha proba de lentes de contacto antes de mercalos, máis aínda se está sopesando comezar a usalos: hai quen non os tolera ou a quen lle resultan incómodos.
  • Esixa que os lentes de contacto de proba sexan abertos diante de vostede: comprobará se están esterilizados e precintados.
  • Comprobe que o óptico lava as mans antes de realizar a proba de lentes de contacto e que non toca nada antes de manipulalos. É conveniente que o lavabo se accione mediante pedal, porque evita a posible contaminación das mans do técnico.

TÁBOA COMPARATIVA

Proba de graduación e proba de lentes de contacto
Suspenden Media
Precisión en la graduación 3% Ben
Precisión no diagnóstico 4% Aceptable
¿Utilizan polo menos dous sistemas de graduación? 59% Mal
Proba de adaptación de lentes de contacto
¿Suxiren a proba de lentes de contacto? 37% Mal
¿Vense debidamente precintadas e desinfectadas? 18% Regular
¿Lavan as mans diante do usuario? 30% Mal
¿Accionan o mando da billa con pedal? 58% Mal
¿Tocan algo despois de lavar as mans? 5% Moi ben
¿Realizan a proba de xeito pausado? 23% Mal%
Orde e limpeza nas ópticas
Orde na zona de graduación e adaptación Limpeza na zona de graduación e adaptación Orde, en xeral, en todo o establecemento Limpeza, en xeral, en todo o establecemento
Suspenden 9% 1% 4% 1%
Media Ben Excelente Moi ben Excelente
Asesoramento experto
¿Informan dos tipos de monturas, lentes e lentes de contacto ofrecidos? ¿Explican con precisión e detalle abondos?
Suspenden 31% 42%
Media Mal Mal
Cadro total por cidades
Cidade Orde e limpeza Asesoramento comercial e técnico Proba de adaptación de lentes de contacto (hixiene e modo de realización) Prezos medios dos diversos tipos de gafas, lentes e lentes de contacto Media (1)
Murcia Excelente Excelente Excelente Barato Excelente
Pamplona Excelente Moi ben Moi ben Medio Moi ben
A Coruña Excelente Moi ben Moi ben Muy Barato Moi ben
Cádiz Moi ben Ben Ben Medio Ben
Barcelona Moi ben Ben Moi ben Caro Ben
Burgos Moi ben Regular Moi ben Barato Ben
Málaga Excelente Moi ben Regular Medio Ben
Castellón Moi ben Regular Ben Caro Aceptable
Bilbao Excelente Mal Ben Medio Aceptable
San Sebastian Moi ben Muy Mal Aceptable Medio Regular
Vitoria Aceptable Regular Aceptable Caro Regular
Valencia Moi ben Muy Mal Aceptable Medio Regular
Madrid Excelente Aceptable Muy Mal Medio Mal
Promedio Moi ben Mal Ben Medio Ben

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto