Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Visitados e estudiados 137 establecementos de óptica de 13 cidades: Hixiene e asesoría, aspectos que cómpre mellorar nas ópticas

Convén preguntar moito, pedir orzamento en varias ópticas e pensalo ben antes de mercar

A información, deficiente en moitos casos

  O menos satisfactorio é a información, a asesoría comercial e técnica que precisa o usuario para elixir con acerto: catro de cada dez ópticas suspenderon a proba, ó non proporcionaren datos e consellos abondos para orientar o usuario na súa elección dos diversos tipos de montura (pasta, metal, "ó aire"), lentes (orgánicos -brancos ou antirreflectintes- e minerais -brancos ou antirreflectintes-) e lentes de contacto (diarios, mensuais, normais convencionais, e ríxidos). Só o 28% ofreceron información detallada motu propio sen que o usuario a demandase, mentres que unicamente o 30% o fixeron co rigor esixible tras a solicitude expresa do técnico de CONSUMER. O 38% dispensaron información pouco precisa e o 4% non souberon responder as sinxelas preguntas formuladas.

Tamén pode relacionarse coa información a confección dun orzamento e a existencia dun cartel que informe o usuario de que os datos persoais que lle proporciona á óptica serán correctamente utilizados e protexidos, como esixe a Lei de protección de datos. Pois ben, en oito de cada dez ópticas non se viu este cartel (na Coruña lucíano todas as visitadas), e no 6% delas o usuario tivo que marchar sen un orzamento malia a solicitalo. Só nunha de cada cinco ópticas se ofreceu orzamento sen que cumprise pedilo, a actitude máis correcta cando o cliente recibiu información de varias opcións a elixir. O 55% delas deron o orzamento tras a demanda do usuario.

E en oito ópticas (catro de Málaga, unha de Vitoria, unha de Barcelona, unha de Madrid e unha de San Sebastián) negáronse a que o cliente tomase nota dos prezos que lle interesaban coa lóxica finalidade (exposta ó empregado da óptica) de reflexionar na súa casa sobre as alternativas ofrecidas e comparalas despois cos prezos doutros establecementos.

Xa nunha orde de menor relevancia, nunha de cada tres ópticas (en todas as visitadas en Málaga e en máis de seis de cada dez de Castellón e Barcelona) as monturas expostas no escaparate ou no interior do establecemento non indicaban o prezo, mentres que na metade das que ofrecían na proba tampouco o amosaban. Obvio resulta que o usuario prefire saber o custo dos produtos (o económico é un factor clave na elección de calquera produto) antes sequera de preguntar por eles.

O peor, a hixiene na proba de adaptación dos lentes de contacto

Malia os importantes ámbitos de mellora xa descritos, queda aínda o máis crítico: as deficiencias na hixiene e limpeza en que se desenvolve a proba de adaptación dos lentes de contacto.

En case unha de cada cinco ópticas, os lentes de contacto ofrecidos ó usuario non se presentaron debidamente precintados e desinfectados, ou ben non se puido comprobar este aspecto; nunha de cada tres o empregado non lavou as mans ante o usuario; en seis de cada dez accionou o mando da billa da auga coas mans (é desexable o lavabo de pedal, por máis hixiénico); nunha de cada vinte tocou algo despois de lavar as mans e antes de operar cos lentes.

Para rematar, nunha de cada cinco ópticas non se realizou a proba do xeito pausado e preciso -acompañado de explicacións e consellos- que unha manipulación tan sensible e unha decisión ás veces tan difícil requiren.

O cumprimento estrito das normas de hixiene tórnase fundamental nas ópticas, especialmente cando se fai a proba de lentes, xa que os ollos son uns órganos moi sensibles e vulnerables.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto