Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Chocolates con leite: Os máis baratos foron mellores na cata

O sabor e o prezo son os mellores criterios de elección, xa que nutricionalmente estes seis chocolates con leite son moi semellantes

Un por un, seis chocolates con leite

Nestlé

  •  "Chocolate con leite extrafino", libra de 150 gramos.
  • Sae a 5,15 euros/quilo, o máis barato. A mellor relación calidade-prezo.
  • Na cata, 7,5 puntos, o mellor: gusta pola súa "dozura", "sabor suave", "cor", "tamaño das onzas", "sabor que deixa" e por "desfacerse na boca".

Milka

  •   "Chocolate con leite", libra de 125 gramos.
  • Sae a 5,68 euros/quilo. Outra boa opción.
  • Na cata, 7,4 puntos, o segundo mellor: gusta pola súa "dozura", "sabor suave", "cor", e por "desfacerse na boca".

Lindt

  •   "Chocolate extrafino con leite", libra de 125 gramos.
  • Sae a 6,42 euros/quilo.
  • O de máis graxa (32%), pero o de perfil lipídico máis saudable (57% de graxa saturada e 43% de insaturada). O menos estimulante, polo seu baixo contido en teobromina e cafeína.
  • Na cata, 7,3 puntos: "de cor clara", gábase polo seu "sabor doce", "sabor suave" e por "desfacerse na boca", pero critícase por "delgado".

Valor

  •   "Chocolate con leite", libra de 300 gramos.
  • Sae a 7,01 euros/quilo.
  • O perfil lipídico menos saudable (70% de graxa saturada e 30% de insaturada).
  • O menos azucrado (36,7% de sacarosa), pero o máis estimulante (230 mg de teobromina/100 g e 30 mg de cafeína/100 g). Na cata, 5,9 puntos: "de cor escura", gusta o "sabor que deixa", pero critícase polo seu "sabor forte a cacao", e por ser "groso" e "duro".

Zahor

  •   "Chocolate con leite", libra de 70 gramos.
  • Sae a 7,21 euros/quilo, o segundo máis caro.
  • É o de menos graxa (29,8%), pero o de máis azucre (43,8% de sacarosa).
  • Na cata, 5,8 puntos: ocupa os peores postos en sabor, sensación ó mastigar e sabor residual, e critícase por "pegañento" e "delgado".

Suchard

  •   "Chocolate con leite", libra de 200 gramos.
  • Sae a 7,97 euros/quilo, o máis caro.
  • O de máis proteína (8,6%).
  • Na cata, 5,7 puntos, o peor: criticado por "pegañento", "groso", "graxo" e "fariñento".

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto