Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Hernias de disco: Operar non sempre é a mellor solución

  A columna vertebral está formada por 24 vértebras articuladas e separadas entre si por discos invertebrais, estructuras clave na mobilidade da raque ou columna. Os discos intervertebrais soportan as presións que se exercen sobre a raque, actúan como amortecedores e distribúen as cargas, de aí que calquera doenza do disco afecte moito á persoa que o sufre. Entre as máis dolorosas, incapacitantes e que máis baixas laborais provocan, destaca a hernia de disco.

Amortece e distribúe cargas

O disco invertebral ten unha parte periférica, o anel fibroso, constituído por unha sucesión de capas concéntricas, coma nunha cebola, e no seu interior a parte central ou núcleo polposo, redondo coma unha bóla, xelatinoso e cun 88% de auga.
Estes discos soportan as presións que se exercen sobre a raque, actúan como amortecedores e distribúen as cargas. O núcleo soporta o 75% da presión exercida e o anel fibroso o 25%. Polo día, en posición erecta, hai unha presión continua, simplemente polo peso do corpo, que aumenta cos esforzos, coas sobrecargas posturais e coa manipulación de cargas. Baixo esta presión o disco perde altura, espesura e esta perda de espesura acumulada na altura total do raque pode alcanza-los 2 centímetros. Pola noite, sen soportar presión, recupera a espesura normal, expándese, e este movemento de expansión vai acompañado de absorción de auga, como unha esponxa, das estructuras veciñas. Por iso somos máis altos pola mañá ou máis baixos ó remata-lo día. Este proceso de hidratación é fundamental para a conservación da estructura do disco. Precisamente, na dexeneración do disco a deshidratación é unha causa fundamental. A presión sobre o disco é máxima entre a última vértebra lumbar e a primeira sacra (L5-S1) e é neste nivel onde as hernias de disco son máis frecuentes.

¿Que é a hernia de disco?

É unha importante lesión producida pola dexeneración do disco intervertebral e a saída total ou parcial do núcleo polposo a través do anel fibroso.
O proceso dexenerativo é longo. Iníciase na adolescencia e acada a súa máxima expresión entre os 40 e 50 anos, idade na que aparecen máis a miúdo as hernias de disco. Por causas dexenerativas ou traumáticas e debido a sobrecargas posturais ou á manipulación de cargas, o anel fibroso sofre esgazamentos, vaise debilitando e o núcleo polposo, sometido a máis presión, emigra cara á zona debilitada e inicialmente prodúcese a protusión do disco: o núcleo empurra o anel pero sen saír do mesmo.
O seguinte estadio é a hernia de disco: o anel rompe e pola fisura sae o núcleo polposo, que segundo en que dirección o faga, pode comprimi-la medula, as raíces nerviosas que saen dela, ou estructuras moi sensibles coma o ligamento vertebral común posterior.
A maior parte das protusións e hernias de disco prodúcense na columna lumbar, menos na cervical e son excepcionais na dorsal.

Síntomas

O máis importante é a dor, que se produce non só pola compresión de estructuras sensibles, senón tamén pola acción de substancias activadoras presentes no núcleo polposo e que provocan unha dor intensa que o afectado localiza preto da columna. Se a hernia é grande e comprime unha raíz nerviosa, producirase dor irradiada polo ombreiro e brazo en caso das cervicais, e pola extremidade inferior no caso das lumbares (ciática). A localización da dor e a súa maneira de irradiar permítenlle ó médico intuír a que nivel está a herniación. A dor agrávase coa tose, cos espirros e co aumento da presión abdominal.

Non tódalas protusións ou hernias doen: entre un 30% e un 50% das persoas sas, asintomáticas, teñen unha ou varias protusións ou hernias de disco que non lles causan problema ningún. Se a hernia é pequena, se o lugar en que se produce a envoltura fibrosa é pobre en fibras nerviosas ou non se comprime ningunha raíz nerviosa, é posible que nunca doa e que pase desapercibida. A miúdo descóbrense de maneira casual.
Amais de dor, poden aparecer perda de forza da extremidade e sensacións de formigo e queimadura que afectan ós territorios innervados polas raíces nerviosas comprometidas. Polo xeral, xorden tamén contractura muscular a nivel de pescozo nas hernias cervicais ou a nivel de rexión lumbar nas hernias lumbares.

Diagnóstico e tratamento

O diagnóstico non é difícil: ante unha sintomatoloxía sospeitosa a proba máis apropiada é a resonancia magnética nuclear, que permite visualiza-la protusión ou hernia e, ademais, dá unha idea do grao de compromiso das raíces nerviosas. Cando non está claro o seu grao de afectación, pódese recorrer á electromioneurografía, que establece se a conducción nerviosa é correcta, se tornou máis lenta ou quedou eliminada. O tratamento da hernia de disco é fundamentalmente conservador. O 80% dos casos resólvense sen recorrer á cirurxía. Un tratamento a base de analxésicos, antiinflamatorios, relaxantes musculares e rehabilitación adoita ser abondo para que nunhas semanas o cadro clínico remita. O núcleo herniado vaise desecando por perda da auga e vaise facendo máis pequeno, co que deixa de comprimi-las estructuras veciñas.

¿Pódese evita-la dexeneración do disco e a aparición de hernias?

Aínda que hai un marcado compoñente xenético e se hai historia familiar de hernia de disco hai máis risco de padecela, pódese previr mediante:

  • exercicio físico que potencie a musculatura da columna e manteña a súa flexibilidade
  • hidratación axeitada
  • hixiene postural, evitando traumatismos e sobrecargas
  • unha vida saudable sen tabaco, xa que a vasoconstricción que este produce reduce a chegada sanguínea ós discos, xa en si escasa, o que contribúe á súa deshidratación
  • descanso nocturno óptimo

ESTADIOS DA DEXENERACIÓN DO DISCO

ESTADIO IDADE DISCO SINTOMATOLOXÍA CERVICAL-LUMBAR
10-20 anos Migración do núcleo Cabalo Rixidez da raque lumbar
30 anos Protusión Síndrome cervical local Lumbago agudo
40 anos Prolapso, hernia Síndrome radicular aguda Ciática
50 anos Diminución de espesura do disco Síndrome cervical crónica Síndrome lumbar crónica
60 - 70 anos Reaccións óseas en vértebras Síndrome radicular crónica Síndrome de estenose da canle espiñal
80 anos Anquilose fibrosa

¿Cuándo hay que operar?

Só un 5% das hernias de disco requiren tratamento cirúrxico, que se recomenda se a dor é moi intensa a nivel de columna ou irradiada a outras zonas, ou cando hai afectación motora (perda de forza e mesmo parálise de maior ou de menor grao), pero só se estes síntomas se manteñen durante un mes sen mellorar co tratamento ou se, malia á medicación, empeoran. Ademais, aconséllase a operación, neste caso urxente, cando hai perda de control de esfínteres ou se se produce unha mingúa de sensibilidade da zona do periné, a chamada anestesia en cadeira de montar, síntomas que indican un serio compromiso da medula espiñal.
A cirurxía ofrece moi bos resultados, pero se a indicación de intervención non é acertada, os resultados non son os esperados e iso explica o 50% de fracasos en operados nos que non había evidencia clara de afectación nerviosa.

A intervención non carece de riscos. Extírpase a hernia ou destrúese por medios físicos ou químicos, co que se eliminarán tamén as compresións nerviosas. Os riscos da intervención, infrecuentes, poden ser:

  • lesión ou afectación dunha raíz nerviosa co conseguinte trastorno sensitivo ou motor
  • inestabilidade do segmento raquídeo operado
  • limitación da mobilidade da raque
  • infección da ferida cirúrxica
  • hemorraxia
  • fibrose a nivel da zona intervida, que pode provocar un cadro doloroso persistente no tempo
  • alteracións alérxicas se se empregan procedementos químicos como a quimionucleolise con quimopapaina, terapia actualmente en desuso polos resultados impredicibles e os frecuentes efectos secundarios.

Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (323 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto