Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Mentres se atopaba no seu domicilio un cidadán sufriu un infarto de miocardio. A súa muller avisou primeiro a SOS Navarra e despois ós bombeiros. Ós vinte minutos apareceu no lugar unha dotación de bombeiros e case media hora despois os servicios médicos confirmaron o falecemento. A viúva demandou á Administración Pública solicitando unha indemnización baseándose no nexo causal entre o falecemento e a actuación do servicio de saúde, ó que lle reprochaba falta de dilixencia polo atraso, o que impediu que o seu home recibise asistencia médica mentres estivo con vida. No xuízo quedou acreditado que o infarto foi severo e que lle produciu o falecemento de maneira moi rápida, polo que non se podía afirmar que este se puidese evitar cunha asistencia médica inmediata. Pero para o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra, en sentencia do 23 de abril do 2003, si había un dano moral indemnizable. Neste caso había que aceptar que a tardanza fora excesiva. Considera que houbo un anormal funcionamento dos servicios públicos, polo que condena a Administración a indemniza-la angustia e a frustración da agarda na cantidade de doce mil euros máis xuros legais.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI