Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Merquei en 1999 unha vivenda nova e ós seis meses comezaron a agretarse as paredes e a cae-los azulexos. O promotor reparouno e tranquilizounos alegando que todo se debía ós asentamentos do edificio. Volveron saír, e tamén os reparou. Foi comprobado, por un arquitecto contratado pola comunidade, que o edificio sofre graves problemas de estructura que o promotor se nega a solucionar, xa que lle suporía moitos miles de euros. Os propietarios dos catro edificios que conforman a urbanización desembolsamos máis de 12.000 euros; sen embargo, o administrador non axilizou a demanda. Xa transcorreron dous anos desde a súa aprobación en Xunta e desapareceron os cartos que depositamos. Canto tempo temos para demanda-lo promotor? Que se pode facer ante a neglixencia do administrador?
O réxime de garantía da vivenda está regulado na Lei de ordenación da edificación, se ben, por razóns de temporalidade, consideramos aplicable a este caso o artigo 1591 do Código civil. Segundo este artigo, o réxime de garantía é de dez anos desde que concluíu a construcción e a acción prescribe en quince anos. É dicir, aínda se pode presenta-la demanda, de xeito que, estando autorizado o presidente pola Xunta de propietarios para inicia-las accións legais, convén acudir a un avogado para inicia-los trámites da demanda ou para unha negociación que evite a vía xudicial.
A demanda pódese dirixir contra o constructor por vezos do edificio, aínda que esta responsabilidade a miúdo é compartida coa do arquitecto e aparellador. Segundo abundante xurisprudencia, a responsabilidade impútase á persoa que interviñera na producción da ruína. Pero se non se pode determina-lo nexo concreto no que participa cada un, a responsabilidade é de todos eles. Suxerimos que non se deixe transcorrer tempo e que se lle requira ó administrador o estado de contas da comunidade para que a Xunta de propietarios comprobe o destino dado ás derramas. Se esta cuestión non queda acreditada, pódese presentar unha queixa-denuncia ante o Colexio de administradores de fincas pola neglixencia na xestión. E, en Xunta de propietarios, acordarase o que proceda no tocante ó cesamento do actual administrador e ás consecuencias que iso puidese implicar na comunidade, designando, no seu caso, un novo administrador.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI