Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Levei limpa-lo meu vestido de noiva a unha tinturería. O vestido ten unha especie de tea de gasa moi fina e moi delicada, polo que os advertín de que tivesen moitísimo coidado. Logo de varios atrasos na data de entrega díxenlles que quería examinalo para ver que todo estaba ben, e atopeime con que o vestido tiña varios buratos. Eles aseguran que o lavaron á man con moito coidado e que non lle fixeron nada. Eu estou convencida de que eses estragos non estaban antes, porque, ademais, examineino coa dependenta ó entregalo para lavar. Que podo facer?
O encargo de limpeza aseméllase a un contrato de arrendamento de obra: a obriga do establecemento é obte-lo resultado perseguido, é dicir, a limpeza da prenda. A responsabilidade do establecemento alcanza tamén os danos causados a consecuencia da prestación do servicio, como descoloridos, encollementos da prenda, roturas, etc. O Real decreto 1453/1987 obriga as tinturerías a expedir un resgardo cos datos do servicio tipo solicitado para cada prenda e coas observacións que se consideren necesarias. Este resgardo débeselle entregar ó cliente cando este lle confía a prenda ó establecemento. Ademais, se existe posibilidade de deterioración expresarase claramente esta circunstancia, con declinación, no seu caso, de responsabilidades por parte do que presta o servicio. Na consulta dise que o vestido de noiva foi revisado coa dependenta no momento da entrega, e que este se atopaba en perfecto estado. Lamentablemente, este dato non se fixo constar no resgardo. Neste sentido, a tinturería é responsable do dano causado, pero cómpre proba-la relación causa-efecto. Haberá que enviar un burofax certificado con xustificante de recibimento solicitando un acordo nun breve prazo. Ademais hai que cubrir unha folla de reclamacións e pórse en contacto coa Oficina Municipal de Información ó Consumidor para que medien no conflicto. Se, aínda así, non se alcanza un acordo, pódese instar, a través da OMIC, o establecemento a que se someta á Arbitraxe de Consumo. Para proba-la causa entre os danos e o servicio prestado recomendamos que se solicite un informe pericial que determine, amais da depreciación económica sufrida polo vestido, se os danos son imputables ó proceso de limpeza. Se a tinturería non se somete á Arbitraxe de Consumo, pódese acudir a un avogado co informe pericial para valorar accións xudiciais.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI