Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Amorea-las medicinas sen orde nin concerto pode orixinar máis dun desgusto. Para manter correctamente unha botica domiciliaria cómpre atender non soamente ás condicións de conservación, senón tamén a outros aspectos como a cantidade de medicamentos e a súa caducidade. E, por suposto, é fundamental mantelos fóra do alcance dos nenos, pouco ou nada conscientes do perigo que pode supo-la inxestión accidental de medicamentos.
Revise a súa botica periodicamente -o ideal é facelo cada tres ou catro meses- e retire os medicamentos caducados ou que xa non precise. Desbote tamén os que cambiaran de cheiro ou de cor -aínda que non vencese a súa data de uso-, e os medicamentos dos que non conserve o prospecto. Os medicamentos caducados poden perde-la potencia co tempo e causar intoxicacións ou envelenamentos severos.
Manteña tódolos medicamentos fóra do alcance dos nenos. Preferiblemente, gárdeos baixo chave; calquera precaución é pouca contra a curiosidade dos máis cativos. Non tome medicamentos diante deles nin lles diga que saben a caramelo, xa que así espertará aínda máis o seu interese por eles.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI