Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Sistemas de pagamento seguros: Perde-lo medo a mercar online

Mercar en Internet con tarxeta de crédito é tan seguro como facelo na rúa

  Un dos principais lastres para o despegue do comercio electrónico é a falta de confianza do consumidor en Internet como medio de compra e pagamento. Os consumidores suspenden con 4,2 puntos sobre 10 a Internet como medio de compra no Barómetro de Consumo 2003 de Fundación Grupo Eroski. Ademais, o consumidor tampouco cre que estean garantidos os seus dereitos cando merca online (4,05 puntos sobre 10).

Con todo, ninguén podería demostrar que é máis inseguro mercar en Internet ca en calquera outro sitio, nin que sexa máis doado o roubo de datos nas transaccións electrónicas ca nos pagamentos con tarxeta en comercios ou restaurantes, ou ó utilizar caixeiros automáticos. Así e todo, a proliferación de novas sobre hackers, virus e fraude online contribuíu a crear un clima moi pouco propicio para incentiva-la compra online.

Pagar coma sempre

O comercio electrónico presenta os mesmos problemas ca outros sistemas de compra non presencial (como o teléfono ou a compra por catálogo), nos que as partes non contactan fisicamente. O comprador precisa ter garantías sobre a calidade e características dos productos que adquire, o vendedor garantía de pagamento e debe existir un nivel aceptable de confidencialidade na comunicación entre ambos.

O número de sistemas de pagamento varía dunha tenda electrónica a outra. O xeito máis seguro (que non o máis cómodo) é o contrarreembolso, único medio de pagamento online que manexa diñeiro efectivo. Así, o consumidor non terá que aboar nada ata que non teña o adquirido entre as mans. Tamén se pode emprega-lo cargo en conta, utilizado sobre todo en subscricións, aínda que o medio máis empregado con diferencia para pagar online son as tarxetas de crédito ou débito, empregadas en máis do 80% das transaccións online en España, segundo a Comisión do Mercado das Telecomunicacións.

Seguridade no pagamento con tarxetas

Ó mercar en Internet con tarxeta de crédito, tanto a validación coma a realización efectiva do pagamento realízanse mediante o mesmo sistema ca nun comercio convencional. Unha vez que o número de tarxeta lle chega ó vendedor, este envíao fóra de Internet do mesmo xeito ca ó pagar en calquera tenda 'física'. Polo tanto, o punto crítico prodúcese ó remiti-lo número de tarxeta a través dunha rede pública e potencialmente insegura como é Internet.

Para garanti-la confidencialidade na transferencia de datos, en Internet utilízase un protocolo de seguridade, SSL (Secure Sockets Layer), que aceptan os máis dos navegadores. Este sistema asegura a identidade do vendedor, garante a integridade da mensaxe e codifica os datos cun cifrado de ata 128 bits (farían falta milleiros de anos do ordenador máis potente do mundo para descodifica-la mensaxe), o que garante que se alguén intercepta a comunicación non poderá interpretala.
Pero isto non resolve tódolos problemas, pois calquera persoa con acceso a unha tarxeta allea pode pagar en Internet con ela (isto é, en Internet non hai xeito de que nos soliciten o DNI coma nunha tenda "normal"). Para acabar con estas limitacións deseñáronse novos estándares de seguridade que ademais certifican a autenticidade do usuario da tarxeta. Os bancos xa están empezando a implementa-lo Comercio Electrónico Seguro, que engade un elemento máis de seguridade mediante unha clave asociada á tarxeta que só coñece o seu propietario. Así, logo de teclea-lo número de tarxeta ó mercar online, o comercio solicitaralle ó cliente o seu código persoal que o identifica como lexítimo usuario da tarxeta.

Só para a Rede

Existen varios sistemas de pagamento 'puramente online' que foron relegados á marxinalidade ou á desaparición debido ó uso masivo das tarxetas de crédito. Pero o verdadeiro cabalo de batalla atópase nos pequenos pagamentos (micropagamentos), onde as comisións fan que non compense usar tarxetas. Os sistemas para micropagamentos consisten na compra por anticipado de diñeiro ou na liquidación periódica dunha conta e son moi necesarios no medio virtual, onde cada vez hai máis productos dixitais (informes, xornais en PDF, música, vídeos, etc.) con prezos pequenos.

Aínda que existen numerosos sistemas de micropagamentos, o máis coñecido é PayPal, que conta con máis de 100 millóns de usuarios. En España, Morso lanzou unha tarxeta prepagamento para Internet que se merca en quioscos ou estancos e que permite facer pequenos pagamentos de xeito anónimo.

Pagar co teléfono

A forte implantación dos teléfonos móbiles en España abríronlle-las portas para converterse en medio de pagamento. Aínda que o seu uso aínda non está moi estendido, os bancos e operadores telefónicos levan varios anos apostando polo pagamento mediante o móbil, que tras varias iniciativas dispersas consolidouse nun par de plataformas: Movipay e Paybox. Nos dous, o usuario valida a operación a través dunha mensaxe curta (SMS) desde o seu móbil, que foi asociado previamente a unha tarxeta de crédito.

Comproba-la seguridade do navegador

https://secure.comodo.net/example.html 
Existen páxinas, coma esta, onde se comproba se o navegador acepta unha conexión segura e como avisa de que entra nunha páxina cifrada e informa sobre os certificados de seguridade asociados a esta.

Micropagamentos

 www.bitpass.com
Cómics, animacións, música, xogos, software... pódense adquirir online gracias a este sistema de micropagamentos.

Comparar antes de mercar

 www.kelkoo.com
Milleiros de tendas online nas que compara-los prezos de millóns de productos antes de decidirse a mercar.

Para perder un pouco do medo a mercar por Internet, abonda un pouco de información e tomar algunhas precaucións:

  • Navegador seguro. Para comprobar que ó enviar información por Internet se utiliza unha comunicación segura hai que mirar se o 'http://' da caixa superior onde se escribe o enderezo se transforma en 'https://', ou se na parte de abaixo á dereita dos navegadores máis comúns aparece un cadeado pechado.
  • Comproba-la política de privacidade. Non se debe ofrecer ningunha información persoal sen saber quen o recompila, por que o fai e como a utilizará. En calquera caso, só da-lo número de tarxeta de crédito cando sexa estrictamente necesario e en sitios de confianza, que conten cun sistema de comunicación seguros.
  • Verifica-las condicións das devolucións e os gastos de envío asociados ás compras.
  • Leva-la conta das transaccións online, vixiar no email posibles mensaxes do vendedor e revisa-los extractos bancarios das tarxetas de crédito.

Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (670 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto