Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Caixeiros automáticos: Un de cada tres caixeiros automáticos suspende o exame de CONSUMER

A calidade do servicio prestado e as capacidades dos mesmos varían moito duns caixeiros a outros, mesmo entre os dunha mesma entidade bancaria

 Poucas accións hai tan cotiás coma a de emprega-lo caixeiro automático para extraer cartos, consulta-lo saldo ou comproba-los últimos movementos da nosa conta corrente. Os 50.500 caixeiros automáticos que hai en España, segundo datos de outubro de 2003 do Ministerio de Economía, convertéronse en indispensables substitutos do portelo bancario, demasiado suxeito a horarios e a molestas colas. Os caixeiros ofrecen a posibilidade de executar con comodidade e rapidez as principais operacións bancarias que motivan as nosas visitas ás sucursais e mesmo ampliaron a súa oferta con outros servicios de valor engadido (como a adquisición de entradas, a recarga da tarxeta do móbil ou do moedeiro electrónico). Así e todo, e malia ás súas indubidables vantaxes, a calidade do servicio prestado e as capacidades dos caixeiros varían moito duns a outros, mesmo entre os dunha mesma entidade bancaria. Precisamente para estudia-lo estado dos caixeiros automáticos, o tipo de operacións que permiten realizar, a información que lle ofrecen ó usuario e a súa seguridade, CONSUMER visitou 281 caixeiros, pertencentes a 14 entidades bancarias (18 caixeiros de media por entidade).
A principal conclusión é que os caixeiros automáticos deben mellorar notablemente as prestacións que ofrecen, xa que o 36% deles suspende o exame de CONSUMER, a metade deles (o 18%) cunha nota media de "mal", e a outra metade rozando o aprobado, pero sen acadalo, quedando nun "regular". O 64% dos caixeiros supera o exame, aínda que se nos referimos ás entidades bancarias a porcentaxe de aprobados descende ata o 50%, o que permite facerse unha idea do heteroxéneo dos resultados. Ademais, os caixeiros difiren notablemente dunha entidade a outra e mesmo dentro delas a disparidade entre uns e outros é habitual. A maior parte dos caixeiros estudiados (un de cada tres) obteñen unha valoración final de "ben", o 27% acadan un "aceptable" e só o 4% alcanzan a nota de "moi ben". Estas oscilacións tamén se manteñen máis ou menos constantes na maior parte das entidades.
Malia á disparidade observada no estudio, hai puntos comúns nos que a maior parte dos caixeiros ou entidades deben mellorar. En materia de seguridade, por exemplo, o 21% dos caixeiros non contan cun dispositivo para pecha-la porta mentres se opera neles (ou se o tiñan non funcionaba). E o 97% non advirte sobre a importancia de non marca-la clave secreta da tarxeta en presencia doutras persoas, un erro moi común que nos pode custar moi caro. Tamén a información sobre o cobro de comisións pode e debe mellorar: non informaron da posible comisión nin tiñan un cartel informativo en lugar visible no 39% das operacións de consulta dos últimos movementos, no 38% das consultas de saldo, nin no 31% das extraccións de efectivo. No tocante á información útil que ofrecen, destaca negativamente que o 76% non indicase os enderezos dos caixeiros máis próximos, e o que é peor, que o 29% non facilitase os números de teléfono ós que chamar para unha posible cancelación da tarxeta.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto