Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Elixir de antemán o réxime económico do matrimonio pode aforrar cartos e problemas en caso de separación ou divorcio
A vivenda familiar configúrase como un patrimonio ó servicio da familia como colectividade, é dicir, como unha especie de propiedade familiar que trascende ós propios cónxuxes, aínda que sexa un ben privativo dun deles.
Cando hai fillos menores de idade ou dependentes, e de non haber acordo dos cónxuxes aprobado polo xuíz, o uso da vivenda familiar correspondelles ós fillos e ó cónxuxe que quede con eles, tanto se a vivenda pertence ós dous cónxuxes coma se é privativo dun deles.
Se o matrimonio non tivo fillos ou estes son independentes no momento da separación dos seus pais, pódese efectuar unha atribución do uso de modo sucesivo e alternativo ata que se produza a liquidación do caudal común, sempre que esta vivenda sexa común ou un ben ganancial, e a posición económica de ámbolos cónxuxes sexa a mesma. No caso de que exista unha situación de desequilibrio económico entre os cónxuxes, nun primeiro momento atribuiráselle o uso da vivenda ó cónxuxe máis necesitado de protección.
No caso de que a vivenda sexa un ben privativo dun cónxuxe, a regra xeral é que o uso da vivenda lle corresponda ó titular da vivenda. Pero, como excepción, o xuíz poderá acordar "que o uso destes bens, polo tempo que prudencialmente se fixe, lle corresponda ó cónxuxe non titular, sempre que, atendidas as circunstancias, o fixeran aconsellable e o seu interese fose o máis necesitado de protección".
Cando a vivenda familiar é de alugueiro, e se adxudica ó cónxuxe que non é titular do arrendamento, a Lei de arrendamentos urbáns dispón que o consorte non arrendatario poderá continuar no uso da vivenda. Neste caso o cónxuxe debe comunicarlle a súa vontade de continuar na vivenda ó arrendador e no prazo de dous meses desde que lle foi notificada a resolución xudicial, achegando copia da resolución xudicial ou da parte da mesma que afecte ó uso da vivenda.
| Territorios con derechos propios | |
|---|---|
| Aragón Rexe un réxime legal denominado consorcio conxugal polo que se delimitan que bens son comúns e cales privativos. Mediante capitulacións pódese optar por un réxime matrimonial paccionado ou por unha separación de bens. |
| Illas Baleares O réxime legal é a separación de bens. Mediante capitulacións -espolits en Eivissa e Formentera- pódese optar por un réxime paccionado. |
| Biscaia*, Llodio e Aramaiona O réxime económico do matrimonio que rexe na maioría das vilas de Biscaia (incluída Bilbao) é o que libremente pacten os cónxuxes en escritura pública. De non haber pacto, rexe a chamada Comunicación Foral, en virtude da cal se fan comúns tódolos bens mobles ou raíces, tanto os achegados coma os adquiridos durante o matrimonio, independentemente da súa procedencia e do lugar en que radiquen. O foro biscaíño tamén rexe en Llodio e Aramaiona (Álava). |
| Cataluña O réxime legal é a separación de bens. Mediante capitulacións pódese pactar un réxime de participación, unha asociación de compras e melloras, o agermanament ou pacto de metade por metade, pacto de convinença ou mitja guadanyeria e o réxime de comunidade de bens. |
| Galicia O réxime xeral é o de gananciais. O dereito civil galego establece a posibilidade de convir en capitulacións outro réxime económico matrimonial e estas capitulacións poderán conter calquera estipulación relativa ó réxime económico familiar e sucesorio, sen máis limitacións cás derivadas do establecido na lei do Dereito Civil de Galicia. |
| Navarra Establécese como réxime legal o réxime de conquistas ou sociedade conxugal de conquistas. Mediante capitulacións matrimoniais pódese pactar outro réxime, como o de comunidade universal de bens ou o de separación de bens. |
A separación, a nulidade e o divorcio non eximen ós pais das súas obrigas para cos fillos. A obriga de alimentar e atende-las necesidades básicas destes seguirá vinculando ós pais, sen que importe en absoluto a separación ou o divorcio dos pais. Se o pai ou a nai que debe pasa-la pensión non cumpre coas súas obrigas ou non se chega a un acordo entre as dúas partes, o xuíz será quen determine a contía que debe achegar cada cónxuxe, sendo o cónxuxe privado da custodia quen deberá aboa-la pensión de alimentos ós fillos.
Durante o tempo que dura a separación, o cónxuxe máis débil tamén pode recibir unha pensión alimenticia, xa que é unha obriga entre parentes atender esta necesidade. Con todo, unha vez executado o divorcio, esta pensión desaparece, xa que non existe ningún vínculo de parentesco entre os dous ex cónxuxes.
O cónxuxe ó que a separación ou divorcio lle produza un desequilibrio económico en relación coa posición do outro ten dereito a unha pensión compensatoria que se fixará na resolución xudicial, tendo en conta, entre outras circunstancias, os acordos ós que chegaran os cónxuxes, a idade e estado de saúde, a cualificación profesional e as posibilidades de acceso a un emprego, a dedicación pasada e futura á familia, a duración do matrimonio e da convivencia conxuxal... O dereito á pensión extínguese cando cese a causa que o motivou, ben por desaparece-lo desequilibrio económico, por contrae-lo beneficiario da pensión novo matrimonio ou por vivir maritalmente con outra persoa. Tamén é posible renunciar a ela, pero non é o aconsellable, aínda que se substitúa pola pensión de alimentos, dado que co divorcio se extinguirá a pensión de alimentos e xa non se poderá solicitar pensión compensatoria, pola renuncia previa.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI