Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cepillos de dentes de dureza media: O máis barato é un dos dous mellores

O número e a calidade das sedas son determinantes na calidade dos cepillos dentais

 Analizáronse sete cepillos de dentes de dureza media e prezos semellantes (seis deles custan entre 2,50 euros e 3,21 euros). Reach, un dos dous únicos -xunto a Licor del Polo- cun "moi ben" en calidade global, é sensiblemente máis barato có resto (1,90 euros), polo que merece a mellor relación calidade-prezo.
Tense constancia do uso de cepillos dentais na China desde o século XV. Naquela época fabricábanse a partir de sedas do pescozo de xabaril. O descubrimento do nailon en 1937, material sintético co que se realizan as fibras dos cepillos modernos e que resulta menos agresivo coas enxivas e o esmalte dental fixo que o seu uso se popularizara en occidente. Cepilla-los dentes consiste no arranque mecánico por fricción da sucidade adherida á superficie da placa dental coa axuda dunha pasta dentífrica. O obxectivo é limpa-los dentes dos residuos de comida e elimina-las bacterias da placa dental que provocan o sarrio, a caries e os problemas das enxivas. Un cepillo dental será mellor canto máis agresivo sexa coa sucidade, á vez que máis respectuoso cos dentes.

A dureza, fundamental

A cada tipo de boca correspóndelle un tipo de cepillo. Os "suaves" son os menos agresivos coas enxivas e co esmalte dos dentes, a cambio dunha vida útil menor. Os "duros" ofrecen unha maior capacidade erosionadora, polo que eliminan mellor a sucidade e duran máis, pero someten os dentes a un desgaste maior. Os sete cepillos desta análise din ser de dureza media, os máis empregados. Pero, trala análise, comprobouse que Lacer debería catalogarse como "suave", e non de "dureza media", polo que a súa etiquetaxe é incorrecta. No tocante ó resto, Reach e Oral-B eran lixeiramente duros, e Licor del Polo e Parogencyl, levemente suaves.
Catro cepillos ofrecen carapucha protectora para o cabezal (carecían dela Reach, Oral-B e Licor del Polo), cinco incorporaban sistema antiescorregamento no mango, moi útil se se teñen as mans molladas (faltaba en Parogencyl e Lacer) e catro incluían certa flexibilidade no mango (inexistente en Reach, Oral-B e Lacer). Oral-B é o único que incorpora unhas sedas de cor azul que actúan como indicador de desgaste, descolorándose cando cómpre desbota-lo cepillo.
As cabezas dos cepillos teñen dúas formas: en Foramen e Oral-B son ovais, mentres que no resto son triangulares. Con todo, tódalas cabezas teñen un final arredondado para evitar irritacións na boca. As cabezas máis estreitas (e, polo tanto, máis manexables dentro da boca por chegaren con máis facilidade mesmo ós molares posteriores) son Oral-B (11,9 mm) e Lacer (12,3 mm), e as máis anchas Licor del Polo (14,1 mm) e Reach (14 mm).

Calidade das fibras

  Un dos criterios fundamentais para coñece-la eficacia dos cepillos dentais é o número e a calidade das súas fibras. Cantos máis filamentos incorpore o cabezal, maior será a superficie limpadora e máis efectivo resultará o cepillado. Binaca e Lacer son os cepillos con máis mechas de fibras (os dous 43 mechas), pero, ó ofrecer poucas fibras por mecha, é Licor del Polo a mostra con maior número total de fibras, con 1878, seguido de Reach (1764 fibras) e Parogencyl (1640 fibras). Foramen (1280 fibras) e Binaca (1290 fibras) son os cepillos con menos filamentos e, polo tanto, peor valorados nesta proba. Os dous grupos de mechas que ofrecen tódolos cepillos analizados (de cores diferentes) non están relacionados coa súa calidade ou coa súa eficacia: unhas fibras e outras son idénticas, só difiren no número de fibras por mecha que incorpora un e outro (agás Binaca e Reach, que tamén nisto son iguais). A lonxitude das fibras inflúe no desgaste do cepillo e na súa eficacia de limpado. Se o cepillo ofrece mechas a diferentes alturas, adáptase mellor á forma do dente, e chega mellor a zonas curvas e espacios interdentais. Binaca e Foramen son as únicas mostras nas que tódalas fibras teñen a mesma lonxitude (11 mm), o que lles confire unha superficie de cepillado plana e, polo tanto, menos eficaz. O resto das marcas teñen fibras de diferente lonxitude. Oral-B é o mellor neste apartado, xa que as súas fibras son de tamaños diversos: dun mínimo de 8,2 milímetros ata os 12,6 milímetros.

Sen arestas nos extremos

Durante a fabricación dos cepillos as sedas deben ser arredondadas e pulidas para que non queden arestas vivas nos extremos que poderían provocar feridas. Tódolos cepillos superaron esta proba, aínda que con notables diferencias: Licor del Polo, Reach e Parogencyl son as mostras que obteñen as valoracións máis altas.
Na proba de avellentamento prematuro simúlase en tres horas o que sufriría un cepillo en tres meses de uso convencional. Reach, Lacer e Oral-B demostraron unha boa resistencia ó desgaste, mentres que Parogencyl foi o que sufriu o avellentamento máis acusado. No tocante á forza necesaria para arrinca-las mechas, Licor del Polo e Lacer foron os máis resistentes; Binaca, Oral-B e Reach obtiveron un "ben"; Parogencyl só chegou ó "aceptable" e Foramen suspende esta proba ó non alcanzar nin o mínimo esixido pola norma.
Tendo en conta todos estes parámetros, os cepillos pódense clasificar en tres grupos. Licor del Polo e Reach son os mellores (chegan ó "moi ben"), Oral-B, Binaca e Parogencyl quedan no "ben" e Foramen e Lacer só alcanzan o aceptable.

Un cepillado correcto

Os dentistas recomendan cepilla-los dentes despois de cada comida, sen deixar que transcorran máis de quince minutos entre o final da comida e o cepillado. Para facelo, convén seguir estes pasos.

  • Cepille as pezas en grupos de dúas ou tres. Fágao ós poucos e seguindo unha orde: comece polas superficies externas, logo internas e, para rematar, as mastigatorias.
  • Lave os dentes suavemente, de arriba a abaixo, con movementos verticais. Un cepillado demasiado vigoroso pode dana-lo esmalte dental e as enxivas e provocar hipersensibilidade dental.
  • A partir dos doce anos pódese utilizar seda dental para mellora-lo coidado e a limpeza bucal.
  • O cepillado máis importante é o da noite: durante o sono, a producción de saliva diminúe e os movementos linguais fanse máis esporádicos, o que favorece a aparición da placa bacteriana.
  • Use dentífricos con fluor. Reforzan a estructura do esmalte e reducen entre un 20% e un 40% a posibilidade de que se formen caries.
  • Cambie de cepillo como moito cada tres meses.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto