Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Leite UHT semidesnatado: analizadas oito mostras: Saudables, ben elaboradas e sen trazas de fraude

Un por un, sete leites semidesnatados

RAM

  •   0,63 euros/quilo, o máis barato.
  • A mellor relación calidade-prezo. O único que, segundo a etiquetaxe, emprega aditivos (estabilizador E-451).
  • Na cata, 6,1 puntos, entre os mellores: ocupa posicións privilexiadas en tódalas características avaliadas e recibe comentarios favorables por sabor e color.

KAIKU

  •   0,72 euros/quilo.
  • Outra interesante opción. Os seus contidos en proteína e extracto seco magro son levemente superiores ós do resto, o que pode indicar un maior esmero na calidade do leite en orixe.
  • Na cata, o mellor, con 6,3 puntos: ocupa posicións de cabeza en cheiro e sabor, pero recibe algúns comentarios de "pouco sabor" e "pouco espeso".

GURELESA

  •   0,65 euros/quilo, barato.
  • Na cata, 6,1 puntos, entre os mellores: o mellor en cheiro, recibe algúns comentarios de "pouco sabor" e "pouco espeso".

PRÉSIDENT

  •   0,69 euros/quilo.
  • Na cata, 6,1 puntos, entre os mellores: gusta por "cremoso", pero recibe críticas por "pouco sabor" e "resaibo".

CENTRAL LECHERA ASTURIANA

  0,69 euros/quilo
Enriquecido en vitaminas A e D.
Na cata, 6 puntos: recibe críticas por "pouco sabor" e "pouco espeso".

PASCUAL

  •   0,74 euros/quilo.
  • Na cata, 6,0 puntos: recibe críticas por "pouco sabor" e "pouco espeso".

PULEVA

  •   0,75 euros/quilo, é o máis caro xunto a outra.
  • Enriquecido en vitaminas A e D. Os seus contidos en proteína e extracto seco magro son levemente superiores ós do resto, o que pode indicar un maior coidado da calidade do leite en orixe.
  • Na cata, un dos dous peores, con 5,2 puntos: ocupa as peores posicións en cheiro, sabor e sabor residual. Gábase a súa cor e critícase o seu sabor "forte" e "amargo"

CELTA

  •   0,75 euros/quilo, é o máis caro xunto a outro.
  • Na cata, un dos dous peores, con 5,2 puntos: as valoracións máis baixas en sabor e en sabor residual. Critícase pola súa cor escura e polo seu sabor "forte" e "amargo", amais de por "espeso".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto