Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Leite UHT semidesnatado: analizadas oito mostras: Saudables, ben elaboradas e sen trazas de fraude

En síntese

  • Analizáronse oito leites UHT semidesnatados, dous deles enriquecidos en vitaminas A e D, e todos en cartóns dun litro.
  • Os máis baratos son Ram e Gurelesa (1,63 e 0,65 euros, respectivamente), e os máis caros Celta e Puleva (0,75 euros/litro).
  • O leite é esencial para a nosa saúde e éo en tódalas etapas da vida, pola súa elevada achega de calcio (125 mg/100 ml), semellante nos tres tipos de leite: enteiro, semidesnatado e desnatado.
  • Na elaboración dos leites semi e desnatados pérdense vitaminas liposolubles presentes na graxa, pero non precisamos consumir leites enriquecidos nesas vitaminas, porque unha dieta equilibrada xa as proporciona.
  • As oito mostras teñen unha composición nutricional semellante, comercialízanse ben etiquetadas e carecen de deficiencias hixiénico-sanitarias.
  • Non hai fraude de calidade (que os fabricantes poderían cometer para abarata-las custas de elaboración) nestas mostras. Non se lles engadiu auga, permeados, soro de queixería nin leite en po.
  • A mellor relación calidade-prezo é Ram, o máis barato e un dos mellores na cata. Outra opción é Kaiku, o máis apreciado na cata.

TÁBOA COMPARATIVA

Marca RAM KAIKU GURELESA PRÉSIDENT
Prezo (euros/quilo) 0,63 0,72 0,65 0,69
Etiquetaxe Correcto Correcto Correcto Correcto
Proteína (%) 3,08 3,15 3,10 3,11
Graxa total (%) 1,52 1,52 1,52 1,50
Lactosa Monohidratada (%) 1 4,70 4,79 4,51 4,76
Valor calórico (Kcal/100 g) 44,8 45,4 44,1 45,02
Extracto seco (%) 2 10,2 10,3 10,0 10,2
Extracto seco magro (%) 3 8,67 8,77 8,48 8,72
Adición de permeado 4 Non Non Non Non
Augado Non Non Non Non
Adición de soro de queixería Non Non Non Non
Adición de leite en po Non Non Non Non
Tratamento térmico excesivo Non Non Non Non
Estado microbiolóxico Correcto Correcto Correcto Correcto
Antibióticos Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Cata (1 a 9) 6,1 6,3 6,1 6,1
Marca CENTRAL LECHERA ASTURIANA PASCUAL PULEVA CELTA
Prezo (euros/quilo) 0,69 0,74 0,75 0,75
Etiquetaxe Correcto Correcto Correcto Correcto
Proteína (%) 3,02 3,04 3,15 3,02
Graxa total (%) 1,52 1,51 1,58 1,51
Lactosa Monohidratada (%) 1 4,66 4,72 4,85 4,76
Valor calórico (Kcal/100 g) 44,4 44,6 46,2 44,7
Extracto seco (%) 2 10,1 10,2 10,3 10,0
Extracto seco magro (%) 3 8,56 8,68 8,75 8,48
Adición de permeado 4 Non Non Non Non
Augado Non Non Non Non
Adición de soro de queixería Non Non Non Non
Adición de leite en po Non Non Non Non
Tratamento térmico excesivo Non Non Non Non
Estado microbiolóxico Correcto Correcto Correcto Correcto
Antibióticos Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Cata (1 a 9) 6,0 6,0 5,2 5,2

Lactosa: Azucre propio do leite.

2 Extracto seco: parte sólida do producto; o que queda do leite cando se elimina a auga.

3 Extracto seco magro: o que queda do producto cando se eliminan a auga e a graxa.

4 Permeado: leite composto por auga, lactosa e minerais; sen proteínas. Tamén se chama "auga de leite".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto