Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Coñecer esta sinxela manobra pode salvar vidas, pois un atragoamento pode provoca-la morte en 4 ou 5 minutos
A obstrucción de vías aéreas por corpo estraño é máis frecuente do que se cre. Nas persoas maiores adoita producirse comendo, raramente a ocasiona algún obxecto, mentres que en nenos pequenos e lactantes calquera obxecto de tamaño pequeno que manipule e introduza na súa boca pode ocasiona-lo dramático cadro da obstrucción de vías aéreas que, de non se tratar a tempo e correctamente, pode ocasiona-la morte. Esta prodúcese en 4-5 minutos se non se socorre a persoa atragoada, e dado que o habitual é que non haxa un médico presente e que non dea tempo a traslada-la víctima a un centro médico, coñecer esta sinxela manobra pode salvar vidas.
A manobra de Heimlich é unha técnica que, por medio da compresión do abdome, crea unha forza expulsora que actúa desde os pulmóns ata as vías superiores. A velocidade da corrente aérea que se xera é a miúdo abonda para impulsar de xeito forzado o obxecto que obstrúe as vías aéreas e facelo saír.
A base anatomofisiolóxica desta manobra atópase no empuxe cara a arriba que experimenta o diafragma ó premer fortemente o abdome. A elevación do diafragma, equivalente á que se fai nun golpe de tose, provoca que os pulmóns expulsen o aire e que se xere unha corrente de 205 litros por minuto e unha presión de 31 mmHg. A forza de proxectil así xerada empuxa calquera obstrucción da vía aérea.
A víctima dunha obstrucción de vías aéreas non pode respirar, falar nin tusir e coloca de xeito instintivo a súa man na gorxa. A expresión da cara é de angustia e as máis das veces queda inmobilizada polo pánico. Se a obstrucción persiste aparece palidez e progresivamente vaise poñendo cianótica, violácea pola asfixia, para rematar perdendo a consciencia e sufrir un colapso que pode chegar a ser mortal se non se intervén axiña.
Non sempre resulta doado distinguir unha obstrucción completa dunha parcial das vías aéreas nun bebé ou neno. Un pequeno obxecto pódese aloxar na traquea ou na división desta nos dous bronquios principais e ocasionar unha obstrucción completa. Pero tamén pode pasar a un bronquio máis pequeno deixando libres outros bronquios, o que ocasiona unha obstrucción parcial. Neste último caso sempre hai un pouco de respiración. Hai unha serie de manobras que tradicionalmente se efectuaron na casa pero que comportan o risco de converter unha obstrucción parcial en completa.
As seguintes manobras non se deben realizar nunca:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI