Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor concertou en 1989 cunha compañía de seguros unha póliza asegurando o seu falecemento e o risco de invalidez permanente absoluta. Catro anos despois sufriu un infarto de miocardio e a Dirección Xeral da Seguridade Social declarouno en situación de invalidez permanente absoluta. Pero cando solicitou a prestación asegurada, a compañía negouse.
Alegou que o asegurado tiña antecedentes de enfermidades graves ocultados á compañía. O consumidor demandou a compañía de seguros. Dicía a aseguradora que en 1989 o asegurado declarou que non padecera nin padecía ningunha enfermidade grave nin limitación física, pero que, en realidade, tiña antecedentes, segundo informes médicos, de psoríase, hipercolesterolemia e diabete. Pero para o tribunal estas non son enfermidades graves nin foron a causa do infarto.
En consecuencia, ante esta falta de proba da gravidade das enfermidades e da súa hipotética relación causa-efecto co infarto e o sinistro, considera o Tribunal Supremo, en sentencia do 3 de outubro do 2003, que non hai engano no asegurado. Polo que se condena á aseguradora a paga-la indemnización prevista na póliza de seguros, incrementada co xuro do 20% desde a producción do sinistro, e a aboa-las custas do xuízo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si acepta o continua navegando, consideramos que está conforme a su uso. Puede averiguar cómo ajustar la configuración u obtener más información aquí.