Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A directora dunha residencia de anciáns despoxou do seu patrimonio a dous internos

 A directora dunha residencia de anciáns convenceu a unha interna de avanzada idade (90 anos) e ó seu fillo, tamén interno e coas facultades mentais moi deterioradas, para que lle outorgaran un poder polo que a autorizaban a dispor de tódolos seus bens e, posteriormente, a destinar 25 millóns de pesetas a unha conta corrente aberta por ela a nome dos dous internos.

O mesmo día en que se constituíron os fondos, a directora solicitoulle á mesma entidade un préstamo por once millóns de pesetas, garantido precisamente cos fondos. A directora non pagou as cotas do préstamo, polo que o banco executou a débeda con cargo ós fondos. Deste xeito, a directora percibiu os once millóns do préstamo e foi o patrimonio dos internos o que o devolveu, con gastos e xuros. Ademais, cobroulles dúas veces os servicios da residencia cargando as facturas na conta habitual e, por segunda vez, na nova conta que abrira a nome dos internos.

Para o Tribunal Supremo, en sentencia do 16 de xullo do 2003, estes artificios e enganos realizados pola directora son unha estafa, delicto que se agrava polo abuso de relacións persoais, polo que se lle impón unha pena privativa de liberdade de catro anos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto