Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un paciente creu erroneamente durante doce anos que tiña un tumor maligno

 En 1985 o Servicio Andaluz de Saúde diagnosticoulle a unha paciente un tumor maligno con risco para a vida. Dous anos despois, o servicio médico detectou un erro de diagnóstico, pero non llo notificou á paciente ata dez anos despois, en 1997.

Ó coñece-lo diagnóstico, o paciente presentou unha reclamación e, posteriormente, unha demanda contra o Servicio Andaluz de Saúde, alegando o dano moral, emocional e psíquico padecido durante doce anos pola ameaza que crera, erroneamente, que pendía sobre a súa vida. No xuízo quedou acreditado que, trala inicial intervención cirúrxica, o Servicio de Anatomía Patolóxica do Hospital non lle comunicara o novo diagnóstico que descartaba o tumor maligno nin á paciente nin ós servicios do hospital implicados no proceso, de xeito que durante anos se seguiu incluíndo no historial médico da paciente o presunto tumor que nunca padeceu.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, en sentencia do 30 de xullo do 2003, esta situación revela unha evidente neglixencia do servicio médico. E, por iso, considera o Tribunal adecuada unha indemnización de 42.000 euros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto