Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un esquiador arrollouno e causoulle lesións

Cando descendía por unha pista nunha estación de esquí, un snowboarder que perdera o control da súa táboa atropeloume por detrás. Como consecuencia do golpe rompeume os ligamentos laterais e cruzados de ambas pernas, polo que, despois de estar seis semanas escaiolada, teño que me someter a unha operación. Ademais, o punto da colisión foi nunha zona sinalizada como de tránsito lento por ser unha zona de confluencia de dúas pistas. ¿A quen lle debo pedir responsabilidades? A estación ten 17 quilómetros esquiables e ese día había, segundo os xornais, uns 15.000 esquiadores, ¿ten a estación responsabilidade no meu caso?

 Neste caso a responsabilidade polos danos recae no snowboarder que atropelou ó outro usuario das pistas tras perde-lo control da súa táboa, e na súa compañía aseguradora. Esta responsabilidade pódese reclamar tanto en vía penal coma civil, se ben podería chegar a ser máis recomendable acudir directamente á vía civil e, previamente a un xuízo, suxerirlle un acordo económico á persoa responsable e á súa aseguradora. A indemnización que se pode reclamar incluiría os gastos médicos, o importe por días de hospitalización, por días de incapacitación para ocupacións habituais e por secuelas. Convén acudir a un avogado para as negociacións e para asesorarse sobre as contías que se poden reclamar en vista dos informes médicos. Se se opta pola vía penal, pódese formular unha falta por imprudencia e reclamar tamén responsabilidade civil, acreditando suficientemente a imprudencia do acusado.

No tocante á estación de esquí, sobre ela pesa a obriga xeral de mante-las pistas e as súas instalacións nas debidas condicións de seguridade para non incorrer en neglixencia, pero, para considerala responsable do dano, habería que entender que o accidente foi consecuencia natural e directa do concorridas que se atopaban as pistas. O equipo xurídico de CONSUMER considera que ten máis posibilidades de prosperar unha reclamación contra o esquiador ca contra a estación. É o esquiador quen debe controlar en todo momento as súas evolucións e toma-la dirección e velocidade axeitadas sen pór en risco a seguridade dos que están na pista por baixo del. Quen "vén de arriba" debe coidar de non entorpece-los movementos de cantos estean na pista por baixo del, tal e como o establecen as medidas de seguridade e as suxestións de comportamento aprobadas pola Federación Internacional deste deporte.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto