Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Non desexa ser titular do préstamo hipotecario da súa ex muller

Trala miña separación matrimonial, o auto de liquidación da sociedade de gananciais adxudícalle á miña ex esposa a vivenda conxugal e o préstamo hipotecario sobre a mesma, do que somos cotitulares. Soliciteille ó banco ser excluído da titularidade do préstamo hipotecario, en execución da sentencia. Pero o banco non accede e propón como única solución unha novación, o que significa pagar comisión de cancelación do actual préstamo, comisión de apertura dun novo préstamo, etc. Ademais, non manterían as actuais condicións do préstamo. ¿Está obrigado o banco a permiti-lo cambio de titularidade do préstamo sen que comporte novación? Pode legalmente impor un cambio de condicións? Se se mantén a situación actual, ¿que acontecería se a miña ex esposa deixase de paga-las cotas do préstamo?

  A resolución xudicial non altera quen son os debedores fronte ó banco, nin as condicións ou termos en que se contraeu a débeda. Esta resolución xudicial tampouco implica unha novación das obrigas que se asinaron no crédito hipotecario. Así, adxudicada a vivenda e o pagamento do préstamo hipotecario a un dos cónxuxes en virtude dunha resolución xudicial, esta adxudicación terá efectos entre as partes, pero non afectará a terceiros. E o banco é un terceiro, de xeito que o contrato de préstamo hipotecario que grava a vivenda e subscrito no seu día por ámbolos cónxuxes non ten necesariamente que se ver alterado pola situación de disolución e liquidación da sociedade de gananciais. É dicir, que o banco non está obrigado a modificar ou anova-la titularidade do crédito. Consecuencia desta situación sería que en caso de que a persoa obrigada a pagar, neste caso a ex muller, non aboe as cotas mensuais do crédito, o banco poderá dirixi-la súa reclamación contra os dous, e se o ex marido se vise requirido ó pagamento, podería¨lle reclama-las cantidades aboadas ó banco á súa ex muller. É dicir, non se litigaría contra o banco, senón contra a ex muller.

Para se "esquecer" do crédito hipotecario, a solución pasaría por un acordo entre as tres partes, o banco e os dous ex cónxuxes, xa que a resolución xudicial non altera os debedores fronte ó banco, afectando só ás relacións internas entre ámbolos ex cónxuxes.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto