Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Comercio xusto: Iniciativa para favorece-la igualdade entre pobos

Mercando productos de comercio xusto contribúese a elimina-las diferencias entre países ricos e pobres

  Co Nadal á volta da esquina, ábrense os interrogantes habituais sobre os regalos que lles realizamos ós amigos e familiares. Unha posibilidade, non sempre coñecida, é a de regalar productos de comercio xusto, é dicir, productos elaborados por grupos desfavorecidos de países en vías de desenvolvemento e que chegan ás tendas de Europa e de América sen intermediarios e asegurando un prezo xusto para os productores que lles permita vivir de maneira digna. Estes productos abranguen diferentes sectores. Desde alimentación (café, té, azucre, chocolate, marmeladas, froitos secos, etc.) ata unha ampla gama de obxectos de regalo, fabricados de xeito artesanal (bixutería, complementos de vestir, papelería, xoguetes, decoración do fogar...). Deste xeito, o consumidor pode mercar productos e obxectos útiles, cunha calidade garantida e, ó mesmo tempo, contribuír a elimina-las diferencias entre os países do norte e do sur.

A primeira tenda de Comercio Xusto abriuse en 1969 en Holanda e de aí estendeuse polos Países Baixos, Alemaña, Suíza, Austria, Francia, Suecia, Gran Bretaña e Bélxica. En 1990, despois de 10 anos de cooperación informal, naceu a European Fair Trade Association (EFTA ou Asociación Europea de Comercio Xusto). En España este fenómeno é máis novo e só a partir de 1998 se pode dicir que existen establecementos onde adquirir estes productos, aínda que a evolución foi positiva.

Os últimos datos dispoñibles corresponden ó 2002 e sinalan un volume de vendas de 5.911.000 euros. España ocupa actualmente o oitavo posto en cifras de importación de productos de comercio xusto. Por diante do noso país atópanse Francia, Irlanda ou Suecia, entre outros.

Os productos de maior demanda son os de alimentación, que acaparan o 56% das vendas, sendo o café o producto estrela. En países como Bélxica, o 30% de todo o café que se consome impórtano institucións dedicadas ó comercio xusto. Volvendo ó noso país, os artigos de artesanía acaparan o 40% das vendas, mentres que libros e demais productos ocupan un marxinal 4%.

Cando en comercio xusto se fala de alimentación, o producto estrela é o café, seguido do cacao. Ámbolos productos constitúen en moitos países a única fonte de ingresos para os seus cidadáns e a sobreexplotación dos territorios comporta mesmo a desertización e a destrucción da selva. Coas accións de comercio xusto conséguese que os consumidores dos países do norte axuden ó progreso de países en vías de desenvolvemento, pero seguindo unha serie de condicións que garantan que os recursos chegan ás persoas que realmente o precisan sen unha sobreexplotación dos terreos de cultivo.

No caso dos productos de artesanía e téxtiles, que ocupan o segundo nivel na demanda dos consumidores do norte, asegúrase que, por unha banda, seguen as tendencias dos consumidores, gracias á interrelación entre os productores e as centrais de comercialización (as ONG e entidades de comercio xusto).

As vendas realizáronse a través das preto de 80 tendas repartidas en toda España, cunha superficie total de 1645 metros cadrados que están atendidas por 382 voluntarios e por 38 persoas contratadas. Ademais, estes productos pódense adquirir a través de diferentes páxinas web dos importadores e tamén en establecementos tradicionais que habilitan unha parte do seu espacio para estes productos. Algunhas grandes cadeas de distribución tamén se implicaron recentemente neste comercio e ofrecen estes productos nos seus andeis.

O perfil do consumidor habitual de productos de comercio xusto é unha muller de entre 28 e 60 anos de idade, dun nivel económico medio e con certa sensibilidade cara ós temas sociais. Con este perfil, os productos que buscan sempre teñen o seu equiparable no comercio "normal", mais prefiren elixir productos de comercio xusto precisamente pola súa implicación social.

Co obxecto de amplia-lo seu mercado e atraer un maior número de clientes, desde as diferentes ONG implicadas no comercio xusto estase analizando o emprazamento das tendas como unha vía para facer máis doado o acceso a estes productos. Para os responsables de tendas de Comercio Xusto de Intermón Oxfam o obxectivo é empraza-las tendas e os puntos de venda preto dos centros neurálxicos de comercio das cidades para que a acción de compra sexa sinxela e non constitúa un sobreesforzo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto