Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Webcams: Só para videoconferencias

As cámaras de vídeo para ordenador ofrecen prestacións moi inferiores ás convencionais, pero chegan abondo para charlas domésticas

  Analizáronse seis webcams, ou cámaras de vídeo dixitais para ordenador, que custan desde os 30,93 euros de Creative Webcam NX ós 97 euros de ADS USB Turbo 2.0. Unha webcam é unha cámara de vídeo dixital que non almacena o que grava, senón que llo envía directamente a un ordenador onde as imaxes fixas ou en movemento poden gardarse no disco duro ou transmitirse a través de Internet a un interlocutor distante. A mediocre calidade de imaxe destas cámaras de vídeo fanas idóneas para videoconferencias por Internet, onde o discreto caudal das conexións domésticas a Internet fai que se desaproveite a calidade de imaxe de cámaras de gama máis alta.

A mellor relación calidade-prezo do comparativo é Logitech Quickcam Zoom, a segunda máis cara (59,34 euros), pero a que máis prestacións ofrece e a que obtén a mellor valoración en calidade fotográfica e na proba de uso. Creative é outra boa opción, por se-la máis barata (30,93 euros), por obte-la segunda mellor puntuación na proba de uso e por satisface-las necesidades básicas dun usuario doméstico.

Dado que as webcams se colocan normalmente sobre o monitor, convén que non sexan grandes nin pesadas. NGS Showcam Plus foi a menor das seis mentres que ADS USB Turbo 2.0 avulta tres veces máis. A cámara máis lixeira é Philips (90,8 gramos) e Logitech é a máis pesada (189 gramos). A lonxitude do cable resulta decisiva para poder elixi-lo emprazamento da cámara, pero nos seis casos resulta similar: só oscila entre 1,8 metros de cable en Creative e Genius e 2,15 metros en NGS.

Cuestión de soporte

Creative, Philips e ADS sostéñense sobre un trípode (o de Creative é articulado e o de ADS flexible). Genius e Logitech inclúen un soporte para o monitor, mentres que NGS, amais deste soporte, incorpora unha rosca para que se poida fixar a un trípode externo (non incluído).
As seis cámaras utilizan unha conexión USB ó ordenador. Este tipo de unión é relativamente veloz, cómodo (pódese conectar co ordenador aceso) e proporciona unha vantaxe fundamental: amais de transmiti-las imaxes da cámara ó ordenador, extrae electricidade do PC para nutri-la cámara, polo que non cómpre un segundo cable enchufado á corrente eléctrica.
O sensor é a parte do lente que recolle as imaxes e que as transforma en impulsos eléctricos. Os tres tipos de sensores utilizados (CMOS, VGA de alta precisión e HQGL) ofrecen unha calidade de imaxe semellante. No tocante ó ángulo de visión (cánto de escena se ve), ADS (52º) é a mellor e Creative e Philips (ambos 40º) son as cámaras máis modestas. Logitech e NGS non indicaron este parámetro na súa etiquetaxe. O enfoque é manual en tódolos casos.

Resolución semellante

As seis webcams ofrecen unha resolución máxima de 640x480 píxeles ou puntos de imaxe (o número de píxeles indica o tamaño da imaxe, que é o parámetro que máis incide na súa calidade). Sen embargo, Creative non alcanza esta resolución por captación directa, senón que o consegue mediante interpolación (un programa informático "adiviña" os puntos que o sensor non capta), o que mingúa a súa calidade real. Non obstante, un usuario non sempre traballará coa maior resolución (unha fotografía require máis calidade ca un vídeo que se vai transmitir por unha conexión doméstica a Internet), por iso convén que a resolución se poida modificar segundo as necesidades. Creative, Philips e Genius admiten cinco resolucións distintas, ADS e Logitech ofrecen só tres resolucións, e NGS non indica a que resolucións pode traballar. Philips, Genius, Logitech e NGS incorporan un micrófono que permite engadirlles audio ás filmacións de vídeo ou ás videoconferencias. As seis cámaras ofrecen control de exposición automático (regula a luz que recibirá o sensor), e balance de brancos (adapta a cámara ás condicións de iluminación). Logitech incorpora unha tampa para o lente. Ningunha conta con temporizador para facer fotografías, pero Philips pódese activar por voz (coa palabra inglesa "cheese"). ADS é a única que non incorpora unha luz na parte frontal par indicar que está en funcionamento.

Proba práctica

Tódalas webcams incorporan unha serie de programas informáticos para facer álbums, enviar fotos ou vídeos por correo electrónico, mellora-la calidade das imaxes e realizar videoconferencias por Internet. Creative e Genius ofrecen tamén un sistema de vixilancia (a cámara grava só cando detecta movemento), Philips proporciona xogos moi básicos, Logitech realiza animacións e NGS crea "story boards".

Tres usuarios habituais destes equipos probaron as webcams e puntuaron diversos apartados do 1 ó 5. Genius e Logitech foron as mellor valoradas (ambas con 3,7 puntos sobre 5), seguidas de Creative (3,5 puntos). A puntuación máis discreta correspondeulle a NGS, con 3,1 puntos, por ser moi lenta á hora de tomar fotografías e vídeos, así como polo seu software: demasiado simple, pouco práctico e difícil de usar.
Aínda que a súa función principal non é a de sacar fotografías (as súas prestacións son moi inferiores ás cámaras dixitais do mercado), estes equipos son capaces de tomar imaxes dixitais moi básicas. Para avalia-la súa calidade neste apartado, un fotógrafo profesional realizou diversas probas utilizando a configuración automática das cámaras. Logitech foi a mellor valorada: o seu enfoque pode regularse mesmo en distancias moi curtas. Genius, ADS e Philips tamén reciben un "ben". NGS e Creative son as peor valoradas (ámbalas dúas "normal"), a primeira por escasa iluminación da escena e a segunda pola súa baixa nitidez.
As probas de compatibilidade electromagnética indican se outros equipos eléctricos próximos causan interferencias na webcam, algo esencial se temos en conta que o emprazamento natural destes dispositivos é sobre o monitor (unha fonte enerxética potente). Das seis cámaras, só fallou Genius, que logo dunha das descargas electrostáticas perde a imaxe e non a recupera ata que se desconecta e se volve enchufar ó ordenador, incumprindo así a norma. Polo demais, as seis cámaras superaron as descargas por radiofrecuencia e as electrostáticas.

As seis cámaras superaron a análise de información e protección ó consumidor, salvo Genius, que non ofreceu a garantía mínima esixible dun ano. A nova lei obriga a dous anos de garantía, polo que ADS, que só ofrece un ano, tamén debería suspender este apartado, pero as webcams adquiríronse antes de que esta norma entrase en vigor o 11 de outubro.

¿Vale calquera ordenador?

Tórnase fundamental asegurarse de que a cámara adquirida resulte apta para o equipo doméstico onde se vai usar.

As seis desta análise funcionan coa maioría dos sistemas operativos Windows (98, ME, 2000 ou XP, agás ADS, que só opera cos dous últimos).

Ningunha funciona con Windows 95 porque este sistema non admite a conexión USB que utilizan as seis webcams.

Logitech é a única que pode usarse tamén nun Macintosh (G3 ou superior), mentres que ningunha di estar preparada para o seu uso con Linux, polo que os usuarios deste sistema non poden saber se estas cámaras funcionarán correctamente nos seus equipos.

Philips e Creative son os que precisan un ordenador menos potente (ambos Pentium II ou equivalente, a unha velocidade de 233 Mhz e 32 MB de memoria RAM).

NGS e ADS son as máis esixentes (Pentium III, ou equivalente, en ambas e 64 MB de memoria RAM para NGS e 128 para ADS).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto