Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha muller someteuse a unha operación de cirurxía estética nos seos para colocarlles uns implantes de silicona e disimular cicatrices. Como consecuencia da intervención medraron as cicatrices e volvéronse antiestéticas, o que á súa vez lle causou problemas psicolóxicos severos nas súas relacións profesionais, persoais, familiares e sexuais. Como consideraba que non foi previa e debidamente informada dos riscos da intervención, presentou unha demanda contra a clínica. Di o Supremo, en sentencia do 22 de xullo do 2003, que en medicina voluntaria a relación contractual entre médico e paciente se asemella a un arrendamento de obra, no sentido de que se intensifica a obriga ou garantía de obte-lo resultado perseguido. Ademais, a xurisprudencia imponlle ó médico unha obriga de información á cliente, que se incumpriu, sobre os eventuais riscos previsibles, e incluso frecuentes, para que ela os puidese valorar. O Supremo condena a clínica a indemniza-la cliente polas perdas e danos causados.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI