Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

¿Cómpre acudir con avogado a tódolos xuízos?

En reclamacións de cantidades inferiores ós 900 euros, se non se acepta a solicitude de arbitraxe queda a posibilidade de ir a xuízo verbal. Na Lei de Axuizamento Civil dise que nese caso non se precisan nin avogado nin procurador, pero teño algunhas dúbidas. Se me condenan ás costas, ¿excluiranse os honorarios de avogados e procuradores da outra parte? ¿Se, por exemplo, demando a unha axencia de viaxes que é persoa xurídica, tampouco a axencia de viaxes irá a xuízo con avogado nin procurador?

  A Lei de Axuizamento Civil (LAC) sinala que os litigantes deben comparecer e actuar no proceso por medio de procurador e dirixidos por un avogado. Esta regra xeral ten excepcións que non prohiben a intervención destes profesionais, senón que fan esa intervención facultativa. Entre as excepcións referidas, a LAC sinala que non se require de avogado nin de procurador nos xuízos verbais se a contía da reclamación non excede dos 900 euros, sen distinguir entre persoas físicas e xurídicas. Pero deben darse os dous presupostos: que o xuízo sexa verbal e que a contía sexa inferior á devandita cifra.

O motivo desta excepción é que se presupón que as reclamacións inferiores a esta contía se deben a cuestións sinxelas abondo como para que o descoñecemento do Dereito non sexa un inconveniente ou entorpecemento. Algúns profesionais do Dereito non comparten este criterio e opinan que a cuestión de fondo pode resultar moi complexa aínda que se traduza nunha contía pequena.

No tocante ás costas, a LAC di que cando a intervención de avogado e procurador non sexa obrigatoria, aínda que a outra parte si que poderá acudir con avogado, da condena en costas exclúense os honorarios. Esta é a regra xeral con dúas excepcións: que o domicilio da parte representada e defendida estea nun lugar distinto ó que se tramitou a reclamación ou que o tribunal aprecie temeridade (mala fe) na conducta do condenado (por exemplo, se unha persoa, malia a coñecer que o seu contrario ten razón, o obriga a emprender un litixio xudicial para despois acepta-lo que lle pide). Con todo, se concorre algunha destas dúas excepcións, o litigante ó que correspondan as costas dos avogados só está obrigado a pagar unha cantidade que non exceda da terceira parte da contía do proceso.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto