Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Proxecto Gutenberg: Literatura para todos

Milleiros de libros dos que prescribiron os dereitos de autor pódense atopar gratis en Internet, editados e agrupados polo Proxecto Gutenberg

  Hai iniciativas en Internet que manteñen intacto o espírito dos seus pioneiros. O Proxecto Gutenberg, nacido en 1971 da cabeza de Michael Hart, é unha delas. Trátase, nada menos, que de universaliza-la literatura, publicando en Internet milleiros de títulos accesibles de maneira sinxela e gratuíta. Pero como toda empresa ambiciosa, ten que salvar moitos obstáculos. Para comezar, os dereitos de autor, que obrigan a dar marcha atrás case 100 anos para atopar obras de dominio público. E logo está atopar un sistema sinxelo, accesible para todo o mundo, compatible con todo tipo de ordenadores e programas.

Cando Hart soñou a biblioteca electrónica universal Internet era só un embrión. De feito, aínda se coñecía como Arpanet e o primeiro 'e-texto' que enviou, a Declaración de Independencia dos Estados Unidos, ía dirixido a un cento de usuarios. Pero a Rede medrou e con ela o Proxecto Gutenberg, que alberga xa preto de 8.000 libros dixitalizados e mantén as súas dúas premisas fundamentais: os libros deben ser tan baratos que ninguén se preocupe polo seu prezo e tan fáciles de utilizar que ninguén se teña que preocupar de cómo manexalos, lelos ou buscalos.

Nace unha utopía

Cando o Proxecto deu os seus primeiros pasos os ordenadores contaban cun pequeno disco duro e a Rede era un reducido instrumento universitario. Por iso Hart elixiu para comezar textos breves e un formato, ASCII (só caracteres de texto), intelixible para calquera máquina.

E esa idea inicial segue vixente: os libros do Proxecto Gutenberg están dispoñibles en versión '.txt' (só texto, sen imaxes) e '.zip' (tamén só texto, pero comprimidos), de xeito que caben varios nun disquete e poden lerse no ordenador máis antigo que se poida atopar. Lonxe de intentar distribuír libros moi ben editados, o importante é que cheguen ó maior público posible. Sen embargo, o texto plano serve de base para realizar novas edicións en formatos máis avanzados, como Adobe Reader ou Microsoft Reader, que poden lerse máis comodamente en calquera dispositivo.

Axiña, decenas de internautas se prestaron a axudar na dixitalización e edición de textos. Porque Gutenberg é un Proxecto colaborativo e desinteresado que só ocasionalmente recibiu axudas dalgunha empresa ou institución.

Libros populares

Esa pretensión de universalidade alcanzou ós mesmos textos: o Proxecto Gutenberg selecciona os títulos solicitados polo maior número de lectores e non edita obras de temas marxinais nin pretende que as súas versións sexan perfectas, irrebatibles polos expertos.

Os libros electrónicos que se poden atopar en www.gutenberg.net son, grosso modo, de tres tipos: literatura 'lixeira' (como Peter Pan ou as Fábulas de Esopo), literatura 'pesada' (que incluiría desde a Biblia ata Moby Dick pasando polas obras de Shakespeare) e un terceiro grupo formado por tesouros, almanaques, diccionarios, etc. E conseguilos é tan doado como facer clic sobre o seu nome.

Segundo os datos da páxina oficial do Proxecto Gutenberg, durante o 2002 editáronse 1.975 novos e-books, para acadar un total de 6.267 en novembro do ano pasado. Hart propuxérase alcanza-los 10.000 no 2001, pero, como el mesmo sinala, "sempre fixamos obxectivos máis altos dos que podemos alcanzar".

¿E o futuro? Situando de novo o listón moi alto, Hart pretende "alcanza-lo millón de libros nos próximos 10 anos". Ben, non só libros, porque no proxecto bulen ideas para completa-la biblioteca con música, arte, audio-libros, obxectos 3D, etc. Tamén está no horizonte dixitalizar xornais e revistas, así como amplia-los idiomas nos que se publican os textos, agora maioritariamente en inglés. En español, por exemplo, só se poden atopar tres clásicos entre os clásicos: Don Quixote, A Celestina e Lázaro de Tormes.

Traballo en equipo

Calquera que desexe colaborar, pódeo facer desde a súa casa cun PC, seguindo as directrices que se poden atopar en www.gutenberg.net/vol/wannabe.html.. Os máis de 5.000 voluntarios empregan o seu tempo de xeitos diversos. Para comezar, un traballo consiste en esclarecer qué obras están ou van quedar libres do copyright. En case tódolos países os dereitos de autor fóronse ampliando, pasando de 50 a 70 anos trala morte do autor. Así, unha obra publicada recentemente é pouco probable que entre no dominio público antes de 100 anos.

Unha vez atopado o libro de dominio público desexado (e obtido o permiso de reproducción), hai que escanear ou teclea-lo texto para almacenalo na computadora. Despois compróbanse os posibles erros e envíaselle o traballo a outro voluntario, que fará unha segunda corrección. Cando se considera que o texto está listo, envíaselle ó equipo editor que o engade á colección do Proxecto.

Amais da limitación do copyright, o proxecto Gutenberg debe combater un obstáculo moito máis importante: a dificultade de ler libros en formato electrónico. O usuario debe optar por lelos nunha pantalla ou imprimilos, opción que menoscaba o seu carácter gratuíto.

Os arquivos '.txt' do Gutenberg pódense transformar para adaptalos a calquera dispositivo. Pero a tecnoloxía aínda non desenvolveu algo tan lixeiro, flexible e doado de transportar coma o papel que consiga a mesma resolución. Os dispositivos específicos, como o Rocket Ebook ou o Softbook Reader, que permiten ler, subliñar, anotar, buscar palabras, etc. nun formato semellante ó HTML, non tiveron ningún éxito debido ó seu elevado prezo e á escasa oferta editorial.

Sen embargo, xa hai usuarios afeitos a descargar un libro electrónico na PDA e lelo na súa pequena pantalla. E o futuro próximo promete unha gran revolución. A tinta electrónica permite trasladar textos dixitais a un soporte practicamente igual có papel.

Navegar á carta

Cervantes virtual
  www.cervantesvirtual.com
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é un proxecto de edición dixital do patrimonio bibliográfico, documental e crítico da cultura española e hispanoamericana, que se pon libremente á disposición dos usuarios de Internet para difundir obras e documentos destacados.

Libros online
  www.library.upenn.edu
A biblioteca da Universidade de Pennsylvania contén numerosos recursos relacionados coa edición electrónica. Entre eles, a "páxina dos libros online" ofrece máis de 20.000 e-books.

Con restriccións
  www.librodot.com
Máis de 2.200 títulos de 380 autores gratis, aínda que para descargar máis dun libro á semana cómpre pagar unha pequena subscrición (12 dólares ó ano). Do mesmo xeito, elaleph.com vende libros en diversos formatos pero tamén regala 1.300 en PDF ou para PDA.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (120 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto