Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Nova lei de garantías na venda de bens de consumo: Positiva, pero ambigua

Os usuarios deberán demostra-los defectos de fabricación dos productos logo de pasados os seis primeiros meses

  Desde que o pasado 11 de setembro entrou en vigor a nova Lei 23/2003, de 10 de xullo, de Garantía na Venda de Bens de Consumo, son moitas as voces que se alzaron na súa contra. Presentada como unha ampliación da garantía legal na venda de determinados bens de consumo ata dous anos, fronte ós seis meses actuais, a súa formulación contén termos ambiguos que levan a que as asociacións de consumidores teman que o cliente se confunda, levado a crer que as súas compras estarán sempre protexidas durante dous anos. Diversas asociacións de consumidores advirten de que a nova lei contén aspectos interesantes pero agacha trampas que afectan gravemente ós consumidores. Consideran tamén que o feito de que os consumidores, transcorridos os seis primeiros meses, deban axuntar probas para demostra-los fallos dos bens suporá "un desembolso económico que pode non compensar". Sectores como o dos vehículos aplaudiron a norma, pero recoñecen que existen demasiadas lagoas e termos "subxectivos" que poden provocar "moitos preitos", segundo os responsables da Asociación Nacional de Fabricantes de Automóbiles e Camións" (ANFAC). A longa fase de promulgación da lei xa enfrontou a tódalas partes implicadas no comercio do automóbil, desde o fabricante ata o vendedor, o taller e mesmo a tenda de recambios. E é que a nova lei abriu unha batalla entre os talleres e as tendas de recambios. No caso de que unha peza instalada sexa defectuosa, os talleres poderían reclamar non só o cambio da peza, senón tamén o prezo da man de obra de montar e desmonta-la peza en cuestión, algo ó que as tendas de recambios se opoñen.

O equipo de asesoras legais de CONSUMER analizou a nova Lei, prestándolles especial atención ós seus aspectos máis novidosos ou problemáticos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto