Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Millo para flocos salgados, para microondas: Moi calóricos e con graxa pouco saudable

Unha por unha, oito mostras de flocos de millo con sal para microondas

TUXIS

  •   Saen a 3,2 euros o quilo, os máis baratos. É a mellor relación calidade-prezo.
  • Etiquetaxe incorrecta. Emprega graxa vexetal, pero de palma (maioritariamente saturada), prexudicial para a saúde se se consome en exceso. Engade antioxidantes (E-306 e E-304).
  • Na cata, 6,2 puntos de 9: son eloxiadas polo seu "punto de sal" e "sabor intenso".

POPPERS

  •   Saen a 4,57 euros/quilo.
  • Outra interesante opción.
  • Etiquetaxe incorrecta. Emprega graxa vexetal, pero de palma (maioritariamente saturada), prexudicial para a saúde se se consome en exceso. O menor contido en sal (1,3%). Engade antioxidantes.
  • Na cata, as segundas mellores, con 6,4 puntos: é eloxiada a súa aparencia, aínda que se criticou o seu "pouco sabor" e "pouco sal".

DEDEBO SNACKS

  •   Saen a 4,70 euros/quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta. Emprega graxa vexetal, pero de palma (maioritariamente saturada), prexudicial para a saúde se se consome en exceso. O menor contido graxo (18,9%). Os máis salgados (2,6%). Engade antioxidantes. Na cata, 6,1 puntos: os máis salgados, o que gusta a uns consumidores e desagrada a outros.

POPITAS

  •   Saen a 7 euros/quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta. Emprega graxa vexetal, pero de palma (maioritariamente saturada), prexudicial para a saúde se se consome en exceso. O maior contido de graxas saturadas (52,2% do total de graxa). Engade un antioxidante.
  • Na cata, os segundos peores, con 5,9 puntos: é eloxiada a súa aparencia, pero son criticados por "pouco crocantes" e "brandos". Ocupa os últimos postos en sabor residual.

POP UP

  •   Saen a 7,4 euros/quilo, os segundos máis caros. Emprega graxa vexetal, pero de palma (maioritariamente saturada), prexudicial para a saúde se se consome en exceso. Engade antioxidantes.
  • Na cata, a mellor cualificación, 6,7 puntos: é eloxiada pola súa "aparencia" e "punto de sal", aínda que ocupa os últimos postos en sabor residual.

MICRO POP USA

  •   Saen a 8,4 euros/quilo, os máis caros.
  • Emprega graxa vexetal, pero de palma (maioritariamente saturada), prexudicial para a saúde se se consome en exceso. Modesto contido graxa (19,3%). Engade antioxidantes.
  • Na cata, a mellor cualificación, 6,7 puntos: elóxiase a súa aparencia, o "punto de sal", o "sabor intenso" e a "textura crocante".

ACT II

  •   Saen a 7 euros/quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta. Son os de máis graxa (26,8%). Empregan aceite vexetal hidroxenado. O perfil de ácidos graxos menos saudable, porque ten o maior contido de ácidos graxos non saudables: saturados e trans, que, sumados, representan o 69% da graxa. Os menos salgados (1,3% de sal).
  • Na cata, os segundos peores, con 5,9 puntos: eloxiáronse o seu "punto de sal" e o "sabor intenso", pero ocupa os últimos postos en sabor residual.

FRIPER

  •   Saen a 3,9 euros/quilo, os segundos máis baratos. Etiquetaxe incorrecta. Emprega aceite vexetal, pero hidroxenado. Son os segundos con máis graxa (26,4%). O segundo perfil de ácidos graxos menos saudable: saturados e trans, sumados, representan o 57% da graxa. Na cata, os peores, con 5,8 puntos. O peor en "sabor residual", aínda que gusta a súa aparencia.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto