Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Quedou embarazada logo dunha ligadura de trompas

 A unha muller practicóuselle unha ligadura de trompas logo de ser asistida de parto na súa terceira cesárea. Non obstante, volveu quedar embarazada e tiveron que practicarlle unha cuarta cesárea para dar á luz dúas nenas. Demandou ós médicos por unha información deficiente sobre os riscos, seguridade e consecuencias da operación de ligadura de trompas, solicitando unha indemnización de 60.101 euros e o aboamento dunha pensión.

O Tribunal Supremo, en sentencia do 29 de maio do 2003, recoñece o dereito á indemnización, non á pensión, considerando que o consentimento da paciente non estaba baseado nunha boa información. Para iso cumpriría, segundo o Tribunal, que a advertencia médica fora puntual, veraz, correcta, leal, continuada, precisa e exhaustiva, e que se referira como mínimo ás características da intervención, ós seus riscos, vantaxes e inconvenientes e ó prognóstico sobre as probabilidades do resultado sen que a información se reducise a un simple formulismo.

A proba de que esta comunicación fora proporcionada correspóndelles ós médicos, que non puideron demostrar nada sobre a información proporcionada. Esta información, aínda que verbal, debe quedar incorporada á historia clínica.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto