Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Amputouse un dedo coa porta dunha discoteca

A miña filla de 16 anos amputouse a falanxe distal do dedo maimiño da man esquerda coa porta do servicio dunha discoteca. Saía do servicio e suxeitaba a porta para que non se lle pechase ó de detrás, pero chegou un momento en que non puido aguantar máis e a porta pechouse, xa que é unha porta grande de ferro. Á parte do trauma do momento e do que sofre agora, precisa unha operación de restauración e témo-lo informe médico que o xustifica. A miña pregunta é se o seguro de responsabilidade civil que se supón que posúe a discoteca se debe facer cargo de todo isto.

 Se se considera que o dano se debe á culpa ou á neglixencia do titular do establecemento, a responsabilidade será deste e, polo tanto, con obriga de indemniza-los danos causados. Di o artigo 1902 do Código Civil que o que por acción ou por omisión lle cause un dano a outro, intervindo culpa ou neglixencia, está obrigado a repara-lo dano causado. E de haber responsabilidade, a indemnización debe comprende-lo dano causado, físico e moral, as secuelas que puidesen quedar, os gastos médicos e os días que tarde en recuperarse. Tamén se debe dar, e probarse, unha relación de causa-efecto entre as características e localización da porta e o dano, é dicir, que non se poida achaca-la lesión a outras circunstancias como, por exemplo, á intervención dun terceiro. Establecida a relación de causalidade cómpre determinar se a instalación dunha porta de ferro, pesada e de gran dimensión no acceso ós baños é ou non neglixente. Pero antes de someter esta cuestión ó criterio xudicial, haberá que intentar, a través dun avogado, alcanzar un acordo coa compañía de seguros.

Se non se alcanza o acordo, poderíase considerar acudir a xuízo. O Regulamento de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas e diversas normativas sobre edificios establece que queda prohibida a colocación de portas de corredoira e de dobre acción que estreiten o van das portas ou dificulten o paso ou libre circulación do público. A partir de aí, cabería interpretar que unha porta como a que se describe non cumpre a normativa pois é de difícil manexo, dificulta o paso e a libre circulación do público e que, neste sentido, a instalación da porta con tales características e consecuencias é unha neglixencia do responsable da discoteca.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto