Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Problemas cunha compra realizada por Internet

Intereseime por unha cámara de vídeo dixital á venda na web dunha empresa francesa, polo que realicei unha transferencia a unha conta en Francia. A entrega debíase efectuar entre 5 e 10 días despois, pero non foi así. Contactei con eles e informáronme de que non había stock e de que debía agardar. Transcorreu outra semana e ó non recibir máis noticias decidín anula-lo pedido. Indicáronme que para iso debíalles manda-los datos da conta corrente á que realiza-la transferencia. Así o fixen ese mesmo día, pero non me devolveron os cartos.

 Nas compras electrónicas realizadas por un consumidor, este ten dereito a recibi-lo pedido a máis tardar no prazo de trinta días. Se o vendedor non cumpre o contrato por non se atopar dispoñible o pedido, debe informar da falta de dispoñibilidade, e o consumidor ten dereito a recupera-los cartos nun prazo de trinta días, a contar desde o momento de aboa-la contía. Se o vendedor non realiza este aboamento no prazo sinalado, o comprador poderá reclamar que se lle pague o dobre da suma adebedada, con dereito tamén a ser indemnizado polas perdas e danos sufridos. Pero se o consumidor é informado expresamente da posibilidade de que o pedido non está dispoñible, o vendedor poderá subministrar, sen aumento de prezo, un producto de características semellantes que teña a mesma ou superior calidade. Se o comprador non desexa ese producto (o que substitúe o pedido ó comezo), ten dereito a recobra-lo diñeiro nun mes desde o momento en que comunica ese desistimento.

Suxerimos que lle envíe á empresa un burofax certificado con xustificante de recibimento, relatando as incidencias e reclamando a devolución nun prazo breve, e informando de que no caso contrario se acudirá ós tribunais solicitando o dobre do importe aboado. Se se acode a xuízo, hai que acudir ós tribunais civís do domicilio do demandante, e aplícase a lexislación española, en virtude da normativa española, por aplicación do Convenio de Roma e do Regulamento Europeo nº 44/2001, relativo á competencia xudicial, ó recoñecemento e á execución de resolucións en materia civil mercantil.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto