Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Autobuses urbanos: analizado o servicio en 13 cidades: Un servicio tan necesario coma mellorable

O peor dos buses urbanos é o modo en que son conducidos e maila adaptación para os usuarios discapacitados

  Ninguén discute a necesidade de que os usuarios utilicen cada vez máis o transporte público urbano e deixen o vehículo privado para mesteres distintos dos desprazamentos na cidade. Os argumentos sobran: redúcese a contaminación atmosférica e acústica, diminúe o consumo de carburante, mellora o tráfico nas cidades e tamén a súa propia habitabilidade...

Pero, ¿temos un transporte público á altura das esixencias dos usuarios de hoxe? CONSUMER intentou responder a esta pregunta, concretándoa no relativo ó bus urbano, sen que iso signifique cuestiona-la convivencia e necesidade deste sistema de transporte nin, moito menos, darlle argumento a quen recorre en exceso ó coche privado na cidade. Técnicos desta revista analizaron o servicio que presta o autobús urbano en Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Málaga, Zaragoza, San Sebastián, Cádiz, A Coruña, Vitoria, Pamplona, Murcia e Logroño, a partir da observación in situ de 140 liñas de bus, que representan o 26% do total das que existen nas 13 cidades. E solicitóuselles información ós responsables do servicio en cada concello. A proba realizouse os días 5, 8 e 9 de setembro (venres, luns e martes), en dúas franxas horarias, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. A primeira conclusión é que o bus urbano é un servicio tan conveniente coma mellorable. Só o de Madrid aprobou (e folgadamente) o exame global de CONSUMER, mentres que 9 cidades suspenderon. Pamplona, Valencia e Vitoria mereceron un "regular". E só 68 das 140 liñas estudiadas superaron o exame.

A gran materia pendente do bus urbano é a accesibilidade para discapacitados. Analizouse a adaptación para persoas que se desprazan en cadeira de rodas, para invidentes e xordos: unicamente aproban os buses de Vitoria, Madrid e Valencia. O mellor é o relacionado cos intres previos a colle-lo bus: as marquesiñas (conservación e limpeza, existencia de banco e de información sobre horarios e traxectos) e a puntualidade do bus ó chegar ás paradas. As cualificacións son boas; a excepción encárnana Pamplona, Bilbao e Valencia, só "regular".

Todo o vinculado á viaxe e á comodidade e seguridade do bus conseguiu cualificacións mediocres, cando non negativas: só aprobaron as liñas de bus de Madrid (moi ben) e Pamplona (aceptable). O peor foi a conducción: o escaso respecto ás normas de tráfico, o costume de arrinca-lo vehículo antes de que os pasaxeiros se deran sentado ou agarrado de viaxaren de pé, a conducción brusca con freadas ou aceleramentos excesivos e con bandazos nas curvas; e, tamén, os hábitos de abri-las portas antes de dete-lo vehículo e de pólo novamente en marcha antes de se pecharen.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto