Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Maquinas de afeitar: A banda lubricante inflúe no afeitado, pero o cabezal basculante non

Só a metade destas coitelas desbotables evidenciou un avellentamento aceptable

Unha a unha, oito máquinas de afeitar desbotables

Gillette Blue II

  •   0,54 euros/unidade
  • Calidade global: Aceptable
  • A mellor relación calidade-prezo da súa categoría. A forza que cómpre exercer para que a coitela corte e mailo seu avellentamento son elevados. Con numerosas e amplas perforacións para facilita-la súa limpeza.
  • Aceptable na proba de uso: destaca polo seu cómodo cabezal, pola facilidade de limpado e polo benestar que deixa na pel tralo afeitado. En cambio, o seu aspecto estético obtén a peor valoración.

Wilkinson Sword Extra II Precision

  •  0,50 euros/unidade
  • Calidade global: Aceptable
  • A anchura do seu cabezal é a menor, polo que a máis precisa na zona do bigote. Avellentamento das coitelas, mal. A forza que cómpre exercer para que a coitela corte é a maior da súa categoría. Con botón aclara-follas para facilita-la súa limpeza. Ben na proba de uso: destaca pola súa estética, polo seu cómodo cabezal e polo benestar deixado na pel.

Bic Twin Easy

  •   0,33 euros/unidade
  • Calidade global: Aceptable
  • A máis barata e lixeira das oito analizadas. A forza que cómpre exercer para que a coitela corte, así como o seu avellentamento, son superiores ós do resto. Aceptable na proba de uso: destaca na eficacia de corte, pero obtén a peor valoración na facilidade de limpado.

GILLETTE Blue II Plus

  •   0,61 euros/unidade
  • Calidade global: Moi ben
  • A mellor relación calidade-prezo das oito analizadas. A forza que cómpre exercer para que a coitela corte e o seu avellentamento son aceptables. Con numerosas perforacións para facilita-la súa limpeza.
  • Moi ben na proba de uso: destaca na comodidade do cabezal, en precisión e eficacia de corte, na facilidade de aclarado e no benestar deixado na pel.

WILKINSON Sword Extra II Sensitive

  •   0,53 euros/unidade
  • Calidade global: Aceptable
  • A anchura do seu cabezal é a menor, polo que é máis precisa na zona do bigote. Ó igual ca outro modelo de Wilkinson, o avellentamento das súas follas é superior ó resto. Con botón aclara-follas para facilita-la súa limpeza.
  • Ben na proba de uso: destaca en precisión, no aclarado das follas e no benestar deixado na pel.

Bic Comfort Twin

  •   0,39 euros/unidade
  • Calidade global: Aceptable
  • Unha das máis lixeiras. A forza que cómpre exercer para que a coitela corte e o seu avellentamento son aceptables. Cunha perforación na folla superior para facilita-la súa limpeza.
  • Aceptable na proba de uso (pero foi a peor valorada): as puntuacións máis baixas en "ausencia de cortes" e en "benestar tralo afeitado".

GILLETTE Blue II Plus Slalom

  •   0,66 euros/unidade
  • Calidade global: Moi ben
  • A máis cara de todas. A mellor relación calidade-prezo da súa categoría e outra boa opción en xeral. A forza que cómpre exercer para que a coitela corte, así como o seu avellentamento son satisfactorias. Con numerosas perforacións para facilita-la súa limpeza. A mellor na proba de uso: destacan a súa eficacia, a facilidade de aclarado e o benestar deixado na pel.

Bic Softwin

  •  0,47 euros/unidade
  • Calidade global: Ben
  • A única cunha placa lubricante bicolor (vitamina E e áloe vera), que non obtén mellores resultados. Os seus ángulos de afeitado son os máis débiles. Aínda que o avellentamento do corte é satisfactorio, cómpre exercer unha elevada forza para que corte. Ben na proba de uso: opinións diverxentes sobre a eficacia de corte e ausencia de cortes.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto