Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O avogado presentou o recurso fóra de prazo

Dous clientes acudiron a un avogado para a defensa xurídica dos seus intereses. O preito perdeuse, pero o avogado aconsellou interpoñer un recurso ante o Tribunal Supremo. Así se fixo, pero fóra de prazo, polo que o Tribunal dictou un auto poñéndolle fin ó procedemento. Considerando que a actuación do avogado fora neglixente, os dous clientes presentaron unha demanda contra el e contra a súa compañía de seguros, reclamando unha indemnización pola cantidade que pretendían solicitar no recurso, algo máis de 36.000 euros cada un. Para o Tribunal Supremo, en sentencia do 4 de xuño de 2003, non se discute a neglixencia do avogado, o que se considera é se para determina-lo importe da indemnización por perdas e danos causados se deben valora-las probabilidades de éxito do recurso no caso de que este seguise adiante. Ó final, o Supremo considera imposible saber se o recurso prosperaría coas pretensións solicitadas polos clientes; sen embargo, admítese que foron privados da oportunidade de que o seu asunto fose axuizado. E por este dano moral condena o avogado e a súa aseguradora a indemnizar con 12.000 euros a cada un deles.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto