Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A mala actuación médica produciulle unha coxeira irreversible

 A causa dunha fractura da espiña tibial sufrida nun accidente de esquí, unha persoa foi atendida en urxencias e trasladada posteriormente a Barcelona para ser tratada polo médico da súa compañía aseguradora. Someteuse a tres intervencións, sen resultado favorable ningún ata que, finalmente, prescindiu do seu médico e acudiu a outro facultativo. De todo iso quedoulle unha coxeira irreversible, polo que demandou por perdas e danos ó primeiro médico e á súa aseguradora ó considerar neglixente a súa actuación. Segundo o Tribunal Supremo, en sentencia do 8 de maio de 2003, a obriga médica é de medios e non de resultado, pero, para cualificar unha actuación médica cómpre apreciar se o resultado do tratamento é ou non desproporcionado en relación coa enfermidade ou lesión que se trata. Neste caso, relata o Supremo, houbo unha actuación médica durante un dilatado período de tempo, con repetidas intervencións cirúrxicas e unha secuela irreversible. A caída e a lesión non foron especialmente graves e o resultado final, unha coxeira definitiva, é desproporcionado, polo que se aprecia a neglixencia. A causa da secuela foi a actuación médica inadecuada e, polo tanto, estimouse a demanda da paciente, condenando o galeno a indemnizala.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto