Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal
Ferramentas sociais
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai pouco mordeume un can que estaba atado a un enreixado, agardando polo seu dono, na porta dun supermercado. En ningún momento fixen aceno de tocalo e o can, sen máis, saltou cara a min e mordeume a man. Fíxome un corte importante no cotelo, polo que fun ó ambulatorio. Alí déronme uns puntos e vendáronme a man. ¿Podo denuncia-lo dono? ¿Onde debo facelo? ¿Dá lugar a unha indemnización ou non paga a pena?
O artigo 1.905 do Código Civil sinala que o posuidor dun animal é responsable dos prexuízos que cause, aínda que se lle escape ou extravíe. Esta responsabilidade só cesa cando o dano se deba a forza maior ou sexa culpa da víctima. E o dono do animal segue sendo responsable aínda que lle encomende o coidado do can a un terceiro. Se o dano xorde estando o can baixo a custodia dun terceiro, o dono e o terceiro son responsables con carácter solidario. E se, pola raza ou características do can, este é dos considerados como potencialmente perigosos, o dono podería ser sancionado cunha multa. A Lei 50/1999, sobre Réxime Xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos, sinala que para a presencia e circulación en espacios públicos dos cans potencialmente perigosos, é obrigatorio utilizar correa ou cadea de menos de dous metros de lonxitude, así como un bozo homologado e axeitado para a súa raza. Suxerimos que lle envíe un buro-fax certificado con xustificante de recibimento ó dono do can, propóndolle unha indemnización polas perdas e danos sufridos e instándoo a alcanzar un acordo. É probable que o dono do can teña cuberta a responsabilidade civil para este tipo de sinistros cunha compañía de seguros, mesmo a través do seguro do fogar. Se as negociacións non dan resultado, pódese considerar acudir a un xuízo civil ou penal. De xeito orientativo, solicitarase unha indemnización polos días de curación e, de se-lo caso, por días impedido para as angueiras cotiás, e outra polas secuelas que poidan quedar, como cicatriz ou deficiencias de mobilidade.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI