Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal
Ferramentas sociais
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
A veciña de arriba (eu vivo no primeiro) dedícase a colga-las sabas en toda a súa extensión, de xeito que chegan ata o meu tendal. Amais de non me permitir colga-la miña roupa, as súas sabas réstanme visión. Pedinlle en varias ocasións que procure tende-la roupa ata a altura que lle corresponde, pero non me fai caso. E mesmo me ameaza con privarme dun rocho que construímos hai xa vinte anos, pois afirma que o patio no que levamos a cabo a obra pertence a toda a comunidade. ¿Pódenme quita-lo patio? ¿Que podo facer para que a súa roupa non me amole?
O patio é un elemento común, se ben se deduce dos termos da consulta que é de uso exclusivo e con acceso desde a vivenda do lector. Para realizar nel unha obra que modifique a estructura ou configuración, como pode se-la construcción dun rocho, cómpre o consentimento unánime da Xunta de Propietarios, consentimento que se entende que nin se solicitou nin se obtivo no seu momento, antes de comeza-la obra. Trátase dunha construcción realizada sen autorización expresa, aparentemente permitida de feito, xa que está á vista de todos e transcorreron vinte anos sen que a comunidade dirixa unha demanda xudicial, o cal non pode considerarse como un acordo tácito, aínda que si a miúdo é tido en conta polos tribunais en caso de que a comunidade ou a veciña denuncie a obra nos xulgados, o que poden facer perfectamente.
No tocante á segunda cuestión, ó dispor do uso exclusivo do patio, os demais propietarios das vivendas das plantas superiores que teñen ventás a ese patio terían un dereito de luces e vistas. Pero a actitude da veciña parece ir máis alá do tolerable, polo que cumprirá solicitarlle ó presidente que se inclúa esta cuestión na orde do día da próxima Xunta, co fin de requirirlle á veciña que cese a súa actitude. Non se discute o dereito a tende-la roupa, pero pode e debe facerse de xeito que non obstaculice as ventás e balcóns dos veciños, dobrando a roupa e sen substancias nin obxectos intencionadamente.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI