Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ascensores e comunidades de veciños: Ascensores: fonte de conflictos

Desacordos máis habituais: quén debe paga-las obras e os gastos de mantemento do ascensor

  Unha comunidade proponse instalar un ascensor, ou cambia-lo que xa había, para mellora-la comodidade dos veciños. Sen embargo, a instalación supón un gasto que supera en moito a cota da mensualidade ordinaria, e algúns propietarios néganse a contribuír á instalación, argumentando que non empregan o ascensor. É daquela cando comeza a batalla por un elemento hoxe cotián, como o demostra o feito de que só en España, segundo datos do 2001, hai máis de 650.000 ascensores, e que cada 72 horas os ascensores de todo o planeta transportan o equivalente á poboación mundial -máis de 6.000 millóns de persoas-, de acordo cos datos do maior fabricante mundial de ascensores.

Segundo o Consello Xeral de Axentes da Propiedade (CXAP), os conflictos que se orixinan entre propietarios pola instalación dun ascensor nos edificios que non dispoñen del prodúcense non pola súa instalación, senón por definir quén debe paga-la obra e os gastos que se derivan do seu mantemento, xa que o prezo dun ascensor de pasaxeiros corrente, sen ter en conta as obras de instalación, oscila entre os 42.000 e os 60.000 euros.

Conflictos á parte, un edificio incrementa o seu valor de venda se se instala un ascensor como un ben comunitario e ese incremento tamén beneficia ó propietario dos baixos que ve cómo a súa propiedade aumenta de valor, aínda que non tanto coma os pisos superiores. Segundo o CXAP, unha propiedade situada nun 5º piso sen ascensor ten unha perda de valor do 40% con respecto a un piso de características similares nun edificio con ascensor. Polo tanto, a instalación do ascensor é un beneficio para todos, aínda que en medida diferente.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto