Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Deterxentes para lavadora líquidos e en po: En po lavan mellor, pero contaminan máis

Tódolos deterxentes fallan ante tódolos tipos de mancha, pero en medida ben distinta

Un por un, oito deterxentes para lavadora

DIXAN

  •   Deterxente en po. 0,23 euros/lavado, o "en po" máis barato.
  • A mellor relación calidade-prezo dos oito deterxentes estudiados. Unha das etiquetaxes máis completa. Un dos contidos máis baixos (4,1%) de ceolitas (contaminantes). Sen fosfatos (moi contaminantes). En eficacia de lavado, moi ben: salienta polo seu elevado poder de deterxencia e eficacia de branqueo. Proporciona un bo grao de brancura. Non é especialmente agresivo coas cores da roupa. Sen ningún punto feble.
  • Calidade global do lavado: Ben.

WIPP

  •   Deterxente en po. 0,25 euros/lavado.
  • O contido máis baixo (1,5%) de ceolitas (contaminantes). Sen fosfatos (moi contaminantes). En eficacia de lavado, moi ben: salienta polo seu elevado poder de deterxencia e eficacia de branqueo. Proporciona un moi bo grao de brancura. Non é especialmente agresivo coas cores da roupa. Sen ningún punto feble.
  • Calidade global do lavado: Moi ben.

ARIEL

  •   Deterxente en po. 0,27 euros/lavado, o máis caro dos 8 estudiados.
  • Unha das etiquetaxes máis completas. O de maior contido (17,9%) de ceolitas (contaminantes). Sen fosfatos (moi contaminantes). En eficacia de lavado obtén un "ben": salienta polo seu elevado poder de deterxencia. Non é especialmente agresivo coas cores da roupa. Sen ningún punto feble.
  • Calidade global do lavado: Ben.

COLON

  •   Deterxente en po. 0,25 euros/lavado.
  • O máis contaminante dos oito: o único con fosfatos, e en gran cantidade (24,4%) e do tipo máis contaminante (tripolifosfatos). En eficacia de lavado, ben: salienta polo seu poder de deterxencia. Proporciona un moi bo grao de brancura. Non é especialmente agresivo coas cores da roupa. Sen ningún punto feble.
  • Calidade global do lavado: Ben.

DIXAN

  •   Deterxente líquido (xel). 0,20 euros/lavado, o máis barato dos oito.
  • A mellor relación calidade-prezo dos líquidos. Ó igual cós outros líquidos, sen ceolitas nin fosfatos (substancias contaminantes). Eficacia de lavado insuficiente. Salienta negativamente en eficacia de branqueo ("moi insatisfactorio"). Proporciona un bo grao de brancura. Dos que máis protexen a cor das prendas. Cómpre mellorar nalgúns puntos.
  • Calidade global do lavado: Aceptable.

WIPP

  •   Deterxente líquido (xel) 0,21 euros/lavado.
  • Ó igual cós outros líquidos, sen ceolitas nin fosfatos (substancias contaminantes). Eficacia de lavado insuficiente. Salienta negativamente en eficacia de branqueo ("moi insatisfactorio"). Proporciónalles un bo grao de brancura ás prendas. Dos que máis protexen a cor das prendas. Cómpre mellorar nalgúns puntos.
  • Calidade global do lavado: Aceptable.

ARIEL

  •   Deterxente líquido. 0,25 euros/lavado, o máis caro dos líquidos.
  • Das etiquetaxes máis completas. Ó igual cós outros líquidos, sen ceolitas nin fosfatos (substancias contaminantes). Eficacia de lavado aceptable. Salienta positivamente pola súa elevada actividade encimática, pero negativamente na eficacia de branqueo. O único que soamente lles proporciona ás prendas un grao de brancura discreto. A menor transferencia de cor, pero perda de cor elevada logo de 20 lavados. Cómpre mellorar nalgúns puntos.
  • Calidade global de lavado: Aceptable.

COLON

  •   Deterxente líquido. 0,20 euros/lavado, o máis barato dos oito.
  • Ó igual cós outros líquidos, sen ceolitas nin fosfatos (substancias contaminantes). Eficacia de lavado "insuficiente". Salienta negativamente en actividade encimática e eficacia de branqueo. Elevado grao de brancura ás prendas ("moi ben"). É o máis agresivo coas cores. Cómpre mellorar en varios puntos.
  • Calidade global de lavado: A peor, insuficiente.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto