Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Deterxentes para lavadora líquidos e en po: En po lavan mellor, pero contaminan máis

Tódolos deterxentes fallan ante tódolos tipos de mancha, pero en medida ben distinta

En síntese

  • Analizáronse catro deterxentes en po e catro deterxentes líquidos para lavadora, que custan desde 0,20 euros por lavado a 0,27.
  • Os 'en po' son máis caros, pero limpan máis. Ningún líquido obtén máis ca un 'aceptable' en calidade de lavado, porque non poden engadir axentes antical e branqueantes osixenados. Por iso, os líquidos son tamén máis ecolóxicos.
  • Colon en po, o único que incorpora fosfatos (e en gran cantidade), é o máis contaminante. Ariel, Dixan e Wipp en po substitúen os fosfatos por ceolitas, menos efectivas pero máis respectuosas co medio natural.
  • Wipp en po é o único que alcanza o "moi ben" en calidade de lavado. Ariel, Colon e Dixan en po acadan un "ben". Os líquidos Ariel, Dixan e Wipp quedan nun aceptable, e Colon líquido suspende cun "insuficiente".
  • Para a roupa de cor, os mellores son Dixan e Wipp líquidos. Os "en po" son mellores para a roupa branca.
  • A mellor relación calidade-prezo é Dixan en po; por se-lo máis económico do seu tipo, contaminar menos e lavar "ben". Wipp é un chisco máis caro, pero mellor. A mellor opción entre os líquidos é Dixan.

TÁBOA COMPARATIVA

Marca DIXAN WIPP ARIEL COLON
Estado físico Polvo Polvo Polvo Polvo
Formato 5886 kg 5886 kg 5940 kg 5905 kg
Número de cacitos1 54 54 54 54
Dose utilizada 110 gr 110 gr 110 gr 110 gr
Prezo (euros/ quilo ou litro) 2,13 2,31 2,49 2,28
Prezo (euros/ cazo) 0,23 0,25 0,27 0,25
Etiquetaxe Ben Aceptable Ben Aceptable
Resultados analíticos
Contido en fosfatos (% tripoli-
fosfatos)2
Ausencia Ausencia Ausencia 24,4
Contido en ceolitas (% anidra) 3 4,1 1,5 17,9 Ausencia
Resultados do lavado
Eficacia de lavado
- Poder de deterxencia
- En algodón (%)4 41,9 43,0 37,6 40,3
- En sintético (%)4 52,7 53,3 48,8 49,2
- Valoración Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
- Actividade encimática (%)4 42,7 46,4 45,4 42,4
- Valoración Aceptable Ben Ben Aceptable
- Eficacia de branqueo (%)4 43,6 45,5 40,5 39,2
- Valoración Moi ben Moi ben Ben Ben
Eficacia global do lavado Moi ben Moi ben Ben Ben
Grao de brancura Ben Moi ben Ben Moi ben
Efecto sobre as cores
- Degradación do matiz Ben Ben Ben Ben
- Destinxido global Aceptable Aceptable Aceptable Aceptable
Calidade global Ben Moi ben Aceptable Aceptable
Marca DIXAN WIPP ARIEL COLON
Estado físico Líquido (xel) Líquido (xel) Líquido (xel) Líquido (xel)
Formato 4 L 4 L 4,5 L 4 L
Número de cacitos1 44 44 40 44
Dose utilizada 90 ml 90 ml 112 ml 90 ml
Prezo (euros/ quilo ou litro) 2,16 2,30 2,22 2,17
Prezo (euros/ cazo) 0,20 0,21 0,25 0,20
Etiquetaxe Aceptable Aceptable Ben Aceptable
Resultados analíticos
Contido en fosfatos (% tripoli-
fosfatos)2
Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Contido en ceolitas (% anidra) 3 Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Resultados do lavado
Eficacia de lavado
- Poder de deterxencia
- En algodón (%)4 31,5 31,6 35,4 33,9
- En sintético (%)4 30,8 31,1 35,3 37,0
- Valoración Aceptable Aceptable Ben Ben
- Actividade encimática (%)4 43,1 40,5 50,1 33,3
- Valoración Aceptable Aceptable Moi ben Insuficiente
- Eficacia de branqueo (%)4 17,7 16,3 18,3 16,7
- Valoración Muy Insuficiente Muy Insuficiente Muy Insuficiente Muy Insuficiente
Eficacia global do lavado Insuficiente Insuficiente Aceptable Insuficiente
Grao de brancura Ben Ben Aceptable Moi ben
Efecto sobre as cores
- Degradación do matiz Moi ben Moi ben Insuficiente Insuficiente
- Destinxido global Ben Ben Moi ben Aceptable
Calidade global Aceptable Aceptable Aceptable Insuficiente

1 Cazos: Número de doses, que equivalen ó número de lavados que se poden realizar con ese deterxente para unha roupa medianamente lixada e con auga de dureza media.

2 Fosfatos: Axentes anticalcarios que neutralizan o cal da auga. Contaminan en exceso o medio natural.

3 Ceolitas: Axentes anticalcarios, aínda que de menor eficacia cós fosfatos e menos contaminantes.

4 Resultados expresados en porcentaxe media de eliminación das manchas a 30º C.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto