Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Leite de continuación: Hainos baratos e de moi boa calidade

A composición nutricional é correcta en tódolos casos e moi semellante, aínda que a metade non cumpre a norma ó pé da letra

Un a un, OITO leites de continuación

APTAMIL2

  •   Sae a 10,86 euros/quilo, o segundo máis barato.
  • A mellor relación calidade-prezo.
  • Axústase a tódalas especificacións que sobre composición nutricional establece a normativa.

NIDINA2

  •   Sae a 12,58 euros/quilo. Outra boa opción.
  • Axústase a tódalas especificacións que sobre composición nutricional establece a normativa. É o menos enerxético (67 calorías/100 ml) e o de máis vitamina D.

CONFORMIL2

  •   Sae a 14,89 euros/quilo, o segundo máis caro.
  • O único en formato de 800 gramos (os demais teñen 900 gramos). Axústase a tódalas especificacións que sobre composición nutricional establece a normativa. O máis calórico (76 cal/100 ml): a súa achega proteica é a máis baixa, no límite mínimo da norma (2,25 g/100 Kcal). A cantidade de lactosa, azucre característico do leite, é a máis baixa (4,7 g/100 Kcal).

NATIVA2

  •   Sae a 12,28 euros/quilo.
  • É o único con carbohidratos procedentes exclusivamente da lactosa, azucre do leite, e é ademais o de maior contido. Achega a maior cantidade de ferro (1,7 mg/100 Kcal) e cinc, pero a menor de vitamina E.

ENFALAC2

  •   Sae a 18,85 euros/quilo, o máis caro.
  • A maior cantidade en linoleico, ácido graxo poliinsaturado esencial, e en vitamina C, aínda que tamén presenta o maior contido (3,2% da materia graxa) en ácidos graxos trans, saturados e menos saudables.

HERO BABY2

  •   Sae a 10,46 euros/quilo, é o máis barato.
  • Proporciona a maior cantidade de laúrico e mirístico, ácidos graxos saturados, e por iso pouco saudables se se consomen en exceso. Pero é a de menos ácidos graxos trans, tamén saturados. E ten o menor contido en cinc e vitamina D. Pero o seu contido en vitamina E é o maior. Supera lixeiramente o máximo para a vitamina A.

NUTRIBÉN CONTINUACIÓN

  •   Sae a 11,79 euros/quilo.
  • Os contidos máis baixos en laúrico (6% da materia graxa) e mirístico (2,7%), ámbolos dous ácidos graxos saturados, pouco saudables se se consomen en exceso. A maior cantidade de vitamina A. Non chega, por pouco, á cantidade establecida pola norma para as proteínas (2,25 g/100 Kcal) e supera o máximo para a vitamina D.

ALMIRON2

  •   Sae a 13,64 euros/quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: non presenta no mesmo campo visual a denominación de venda, a cantidade neta e a data de consumo preferente. A menor cantidade de ferro (1,1 mg/100 Kcal), vitamina C e vitamina D. É o único que (por pouco) non alcanza o mínimo para ácido linoleico, ácido graxo esencial e saudable.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto