Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Leite de continuación: Hainos baratos e de moi boa calidade

A composición nutricional é correcta en tódolos casos e moi semellante, aínda que a metade non cumpre a norma ó pé da letra

En síntese

  • Analizáronse oito leites de continuación, de 900 e 800 gramos, envasados en atmosfera protectora.
  • Os prezos van desde menos de 11 euros o quilo (Aptamil2 e Hero Baby2) ata case 19 euros (Enfalac2).
  • Están destinados á alimentación de lactantes a partir dos catro meses e deben formar parte dunha dieta diversificada, na que son un alimento máis para o bebé.
  • Comercialízanse en po: para o seu consumo reconstitúense mediante adición de auga.
  • A normativa regula a súa composición nutricional, partindo das necesidades dietéticas do bebé para o seu crecemento. En catro mostras detectáronse incumprimentos pouco significativos.
  • Os oito son semellantes en hidratos, proteínas e graxas. As diferencias máis salientables déronse en vitaminas e ácidos graxos saturados (laúrico e mirístico) e nos ácidos graxos trans.
  • O estado hixiénico-sanitario foi satisfactorio. E en ningunha mostra se detectaron restos de praguicidas.
  • Non se realizou cata, pola imposibilidade de interpreta-la satisfacción dos bebés ó consumilos.
  • A mellor relación calidade-prezo é Aptamil2, o segundo máis barato e cunha composición nutricional en todo conforme á norma.

TÁBOA COMPARATIVA

Marca VALORES LEXISLADOS APTAMIL2 NIDINA2 CONFORMIL2 NATIVA2
Prezo (euros/ quilo) - 10,86 12,58 14,89 12,28
Etiquetaxe - Correcto Correcto Correcto Correcto
Proteína (g/100 Kcal) 2,25 - 4,5 2,39 2,98 2,25 3,51
Glute (%) 1 Non permitido Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Hidratos de carbono (g/ 100 Kcal) 7 - 14 13,3 12,6 12,9 12,4
Lactosa (g/100 Kcal) 2 Mín. 1,8 9,3 5,1 4,7 12,4
Sacarosa (%) Máx. 20 Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Fructosa (%) Máx. 20 Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Graxa total (g/100 Kcal) 3,3 - 6,5 4,2 4,2 4,4 4,2
Ác. linoleico (mg/100 Kcal)3 Mín. 300 316,8 328,7 370,6 307,5
Ác. laúrico (% materia graxa)4 Máx. 15 10,7 7,4 11,0 7,4
Ác. mirístico (% materia graxa) 4 Máx. 15 4,6 3,4 4,3 3,5
Ács. graxos trans (% materia graxa)5 Máx. 4 2,3 3,1 3,1 2,7
Valor calórico (Kcal/100 ml) 60 - 80 75,0 67,3 75,7 67,4
Minerais
Ferro (mg/100 Kcal) 1 - 2 1,4 1,6 1,4 1,7
Iodo (mg/100 Kcal) Mín. 5 16,8 20,5 16,9 20,5
Zinc (mg/100 Kcal) Mín. 0,5 1,2 1,2 1,1 1,3
Relación Calcio / Fósforo Máx. 2,0 1,5 1,4 1,5 1,4
Vitaminas
Vitamina A (mg/100 Kcal) 60 - 180 75 124 142 139
Vitamina D (mg/100 Kcal) 1 - 3 2 2,2 2 3,1
Vitamina C (mg/100 Kcal) Mín. 8 73,0 102,7 88,1 73,0
Vitamina E (mg/100 Kcal) 0,5/g ac. linoleico 0,9 1,5 1,3 0,7
Praguicidas 6 Non permitido Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Estado microbiológico - Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio
Marca ENFALAC2 HERO BABY2 NUTRIBÉN CONTINUACIÓN ALMIRON2
Prezo (euros/ quilo) 18,85 10,46 11,79 13,64
Etiquetaxe Correcto Correcto Correcto Incorrecto
Proteína (g/100 Kcal) 2,61 3,13 2,14 2,57
Glute (%) 1 Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Hidratos de carbono (g/ 100 Kcal) 11,9 10,8 13,1 12,3
Lactosa (g/100 Kcal) 2 6.2 5,5 9,1 11,2
Sacarosa (%) Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Fructosa (%) Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Graxa total (g/100 Kcal) 4,7 5,0 4,3 4,5
Ác. linoleico (mg/100 Kcal)3 419,8 395,4 305,6 289,9
Ác. laúrico (% materia graxa)4 8,8 11,2 6,0 10,9
Ác. mirístico (% materia graxa) 4 4,2 4,9 2,7 4,8
Ács. graxos trans (% materia graxa)5 3,2 0,4 2,5 2,5
Valor calórico (Kcal/100 ml) 69,2 70,7 72,9 70,1
Minerais
Ferro (mg/100 Kcal) 1,6 1,5 1,3 1,1
Iodo (mg/100 Kcal) 16,7 16,4 10,1 17,4
Zinc (mg/100 Kcal) 1,3 0,8 0,9 1,0
Relación Calcio / Fósforo 1,5 1,3 1,4 1,5
Vitaminas
Vitamina A (mg/100 Kcal) 130 194 150 118
Vitamina D (mg/100 Kcal) 2 1,5 3,7 1,5
Vitamina C (mg/100 Kcal) 143,6 73,0 82,7 50,5
Vitamina E (mg/100 Kcal) 2,3 2,4 2,2 1,8
Praguicidas 6 Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Estado microbiológico Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio

1) Glute: Parte proteica dos grans dos cereais de trigo, avea, centeo e cebada, causante de enfermidades alérxicas.

2) Lactosa: Azucre característico do leite.

3 Ácido linoleico: Ácido graxo poliinsaturado, esencial para a dieta e beneficioso para a saúde.

4) Ácido laúrico e ácido mirístico: Ácidos graxos saturados. Pouco saudables.

5) Ácidos graxos trans: Producen, no noso organismo, efectos semellantes ás graxas saturadas.

6) Praguicidas: Compostos químicos para combate-las pragas; a presencia de residuos de pesticidas nos alimentos é indesexable.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto