Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

¿Pódese fumar nun local social da comunidade de veciños?

Merquei un piso novo de recente construcción nun complexo residencial onde hai un local de uso social. Suxeriuse nunha Xunta de veciños a posibilidade de impedir que se fumase no local social pero axiña os fumadores manifestaron o seu dereito a poderen fumar sen ter que dar ningún tipo de explicación. ¿Pódese esixir, dentro da legalidade, que non se fume neste tipo de locais?

  A normativa estatal sobre limitacións no uso do tabaco considera, tendo en conta os datos científicos sobre os riscos para a saúde dos non-fumadores, que o dereito á saúde destes cidadáns se debe respectar, e de acordo co establecido na Lei Xeral de Sanidade, declara o tabaco substancia nociva para a saúde da persoa. Polo tanto, en caso de conflicto prevalecerá sempre o dereito á saúde dos non fumadores sobre o dereito dos fumadores. Non obstante, os termos do Real Decreto non afectan a espacios privados, aínda que sexan de uso colectivo, se ben entendemos que a prohibición de fumar en espacios públicos como salas de uso público xeral, o dereito á saúde e a prevalencia do dereito dos non fumadores a comunidade débeos ter moi presentes.

Desde o punto de vista da Lei de Propiedade Horizontal, é aconsellable que se someta esta cuestión a votación na Xunta de propietarios convocada para o efecto e que se adopte o acordo de prohibición de fumar ou, cando menos e sendo viable, de diferenciar zonas de fumadores e non fumadores, por medio de acordo maioritario. Tamén se podería aplica-lo artigo 7 da Lei de Propiedade Horizontal que establece: "Ó propietario e ó ocupante do piso ou do local de negocio non lles está permitido desenvolver nel ou no resto do inmoble actividades prohibidas nos Estatutos, que resulten danosas para a finca ou que contraveñan as disposicións xerais sobre actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas e ilícitas". E fumar é cualificable de actividade insalubre, molesta e nociva, en tanto que malsán ou danoso á saúde. Se non se alcanza a maioría simple para establecer esta prohibición atendendo ó dereito á saúde, pódese considerar acudir ós tribunais, pero sería algo moi novidoso.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto