Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O parachoques que lle colocaron non era de segunda man como se acordara

Acudín a un taller de reparacións para que me puxesen o parachoques dun taller de despezamento. Déronme un orzamento máximo para o amaño. Pouco despois dixéronme que localizaran un parachoques en condicións aceptables que repararían, e que me custaría 100 euros. Días despois informáronme de que non puideran localizar ningún parachoques dianteiro en condicións, co que a factura se elevaba ó custo máximo (717 euros). ¿Que garantías teño de que a peza sexa orixinal? ¿Podo esixirlle ó taller unha factura da peza que me cargan como nova? ¿Débome limitar a pedirlle as follas de reclamacións?

  Os talleres de reparación de automóbiles están obrigados a ter á disposición do público xustificación documental que acredite a orixe e o prezo dos repostos utilizados nas reparacións. As pezas que os talleres utilicen nas súas reparacións deben levar fixada de maneira lexible e indeleble a marca do fabricante. Estas obrigas dos talleres de reparación de automóbiles recóllense no Real Decreto 1457/1986, que tamén obriga a que tódolos elementos, pezas ou conxuntos que os talleres utilicen nas súas reparacións sexan novos e axeitados ó modelo de vehículo obxecto de reparación. Hai unha excepción: que haxa conformidade previa e por escrito do consumidor, e nese caso poderán utilizar pezas usadas ou non específicas do modelo de vehículo que se vai reparar, sempre que o taller se responsabilice por escrito de que as pezas usadas se atopan en bo estado ou de que as pezas non específicas permiten unha adaptación con garantía suficiente no modelo de vehículo que se repara.

Neste caso concreto cumpriría esixirlle ó taller a factura detallada e unha xustificación documental do prezo da peza e da súa condición de peza nova. Se non proporcionan esta xustificación, solicitarase unha folla de reclamacións nese mesmo momento para deixar constancia de tódalas incidencias. Se a Administración considera que a actuación do taller é constitutiva de infracción administrativa, sancionará o taller, se ben desde a perspectiva dos intereses particulares non se obterá resarcimento económico cunha sanción administrativa. Desde un punto de vista privado ou civil, pódese leva-lo coche a outro taller ou a un perito para que informen sobre se a peza é ou non realmente nova. Se a peza é usada, pódese reclama-la diferencia de prezo por buro-fax certificado con xustificante de recibimento e, en segundo lugar, perante os tribunais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto