Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Voar na Rede: Vacacións a un clic

Internet ábrelle as portas a montes e moreas de recursos para informarnos sobre o destino ou para adquirir todo tipo de servicios

  Internet pon ó alcance do turista todo o preciso para organizar unha viaxe. Desde a primeira etapa ata a última, e desde o máis intranscendente ó imprescindible. E en dous niveis: obter información e adquiri-lo servicio. Coa axuda da Rede pódese conseguir información sobre, por exemplo, cómo facer ben as maletas, e obter todo tipo de referencias sobre o lugar de destino: clima, sitios de interese, mapas e rutas, cambio de moeda, festas e costumes locais, gastronomía, vacinas, etc. Pero tamén, un paso máis alá, é posible mercar doadamente o billete de avión ou de tren, reservar unha habitación de hotel ou alugar un coche.

As reticencias sobre a seguridade das transaccións virtuais levan o usuario a frear, en moitas ocasións, no momento en que lle solicitan datos persoais ou o número da tarxeta de crédito. Sen embargo, o sector turístico é un dos máis rendibles na Rede. As particularidades da súa oferta -'servicios puros', con alto valor e perecedoiros dunha industria moi informatizada- convertérona nun dos motores do comercio electrónico: supón entre o 30% e o 40% das vendas totais a particulares. O ano pasado as vendas en Europa occidental medraron un 53%, ata os 7.300 millóns de euros, e agárdase que este ano suban outro 32% ata facturar 9.700 millóns de euros, segundo estimacións doCentre for Regional and Tourism Research.

En España as cifras non son tan espectaculares no tocante a compras, pero si hai un bo número de persoas (máis de dous millóns a finais do ano pasado) que se achegan a Internet para 'planear' a viaxe, é dicir, para realizar buscas e comparar prezos.

Paso a paso

Para comezar, o usuario indeciso pode acudir a páxinas como Webviajes.com ou a foros -como os da famosa guía Lonely Planet (www.lonelyplanet.es/forum), onde os internautas comparten consellos e experiencias viaxeiras- para recibir suxestións na elección de destino.

Á hora de escoller aloxamento, a Rede tamén serve de grande axuda. Quizais o único problema sexa a cantidade e variedade da oferta. O máis atinado é acudir a un buscador xeral (tipo Google.com ou Alltheweb.com) ou comeza-la travesía desde un portal onde buscar hotel (como en Interhotel.com ou Hotelsearch.com), hostal (Hostels.com), casa rural (Toprural.com) ou apartamento. As páxinas máis completas, amais de contar con listaxes por localización xeográfica e toda a información sobre características e prezos do aloxamento, ofrecen a posibilidade de ver fotografías exteriores e interiores do lugar seleccionado.

Para moverse polo lugar de destino, o turista tamén poderá aluga-lo coche desde a casa, un servicio que ofrecen os máis dos portais de viaxes ou dos sitios web das propias compañías de alugamento (Avis.com ou Hertz.com, por exemplo). E acudir á Rede para obter información sobre os sitios de interese turístico ou sobre as actividades que se poden realizar, ou para consultar mapas e anotar rutas.

Pero sen dúbida a oferta máis atraente de Internet é a posibilidade de merca-lo billete desde o ordenador, rápida e comodamente (os billetes de avión supoñen preto do 80% das vendas online do sector turístico). Aínda que o internauta tamén ten a opción de rastrexa-la Rede á caza das ofertas máis substanciosas para despois acudir á axencia de toda a vida.

Sen grandes diferencias

As grandes ofertas que antes inundaban os sitios de viaxes, embarcados en promocións para se abriren camiño na ateigada Rede, foron deixándolles paso a ofertas máis semellantes ás do mundo real, nas que se fai fincapé nos servicios engadidos (paquetes turísticos) e, en xeral, se coida máis o cliente.

De tódolos xeitos, a competencia segue sendo fera no sector, e non é estraño atoparse con grandes ofertas, sobre todo en voos de última hora (nos sitios das propias compañías ou webs específicas como Lastminute.com) nos que sae máis rendible 'regalar' o billete na Rede antes de deixar un asento baleiro. Hai que ter en conta que Internet recorta nun 75% as custas medias de distribución dun billete.

Para adquiri-lo billete as opcións tamén son múltiples. Tralo éxito das axencias online, como Travelocity ou Expedia, as axencias 'reais' tamén montaron o seu mostrador virtual. E máis tarde foron as propias compañías aéreas as que, cada unha pola súa conta ou en grupo (Orbitz e Opodo), decidiron que xa non precisaban intermediarios para despacharen os asentos dos seus avións.

Para unha mellor comparativa de prezos sempre é mellor acudir a unha axencia que inclúa voos de tódalas compañías, aínda que logo o cliente decida saltar ó sitio web da compañía en cuestión se é que lle ofrece maior confianza ou se se beneficia dalgún programa de puntos. Moitas axencias presentes na Rede comparten a tecnoloxía dos sistemas centrais de reserva (como Amadeus ou Galileo) co que as diferencias nos resultados de busca de voos son mínimas.

Normalmente, mercar un billete de avión por Internet é tan sinxelo como selecciona-las opcións da viaxe (orixe, destino, número de pasaxeiros, idade, clase, etc.), elixi-lo voo, o xeito de pagamento (tarxeta ou contrarreembolso) e de recollida do billete (pódese recibir na casa ou recollelo na axencia ou no aeroporto). O habitual é que as axencias virtuais, como Rumbo.es, Viaxar.com, eDreams.es ou eBookers.es, acepten reservas cun mínimo de tres días de antelación.

Moito máis cá viaxe

Internet permite buscar destino, recompilar información sobre el e apañar todo o relacionado coa viaxe: merca-lo billete, reservar habitación, aluga-lo coche e mesmo contratar un seguro. Pero tamén é posible contratar de antemán as actividades que se van realizar durante as vacacións.

Non é raro que no lugar de vacacións se teña noticia dalgún evento ou espectáculo ó que non é posible acudir porque hai tempo que se esgotaron as localidades. Ou que unha visita turística non se poida realizar por non se reservar co debido tempo. Por iso hai sitios como atrapalo.com que combinan os servicios dunha axencia de viaxes coa promoción de ofertas para o tempo libre.

Tamén pode ser útil, para os amantes do turismo rural ou do chamado 'de aventura', visitar páxinas como turismoruralyaventura.comrafting.

Viaxar por España
www.spain.info 
O portal do Instituto de Turismo de España non é só para estranxeiros. Amais de información sobre destinos, eventos, rutas ou gastronomía, alberga un completo directorio de axencias de viaxes e aloxamentos por comunidades autónomas.

Mapas
www.mapquest.com 
Mapas ata o nivel de planos de cidades de calquera parte do mundo, combinados con información sobre hoteis, restaurantes, voos, alugueiro de coches, etc.

Cambiar moneda
www.xe.net 
Para coñece-lo prezo do euro fronte a moedas de todo o mundo, ou para converter cantidades entre calquera tipo de divisas.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (110 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto