Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A pel renóvase constantemente, polo que require unha achega incesante de nutrientes
Mante-la pel en bo estado non só depende de factores hereditarios ou de non sufrir alteracións cutáneas como dermatite, psoríase ou semellantes. Boa parte do seu aspecto obedece directamente ós coidados que lle dispensamos. Entre o que cómpre evitar destacan a exposición ó sol sen protección, o aire acondicionado, o tabaco, a contaminación ambiental ou un estilo de vida pouco axeitado (mala alimentación, sedentarismo, fatiga emocional...). Pola contra, unha dieta e un estilo de vida equilibrados serán grandes aliados para que luza sa. Amais da auga, as vitaminas (como a A, B, C e E) non deben faltar na nosa alimentación e o mesmo se pode dicir de minerais como o selenio, o cinc ou o ferro.
A pel anóvase constantemente: mudámo-la nosa pel cada 28 días. Calcúlase que unha persoa produce uns cen quilos de células de epiderme ó longo da súa vida. Esa permanente renovación require unha achega continuada de nutrientes, pois son esenciais para a pel e o seu déficit na dieta ocasiona alteracións no seu crecemento e aparencia. Polo tanto, unha alimentación que asegure a achega correcta de todos eles contribúe a mantela en perfecto estado de saúde, a previr ou a diminuí-las engurras en boa medida e a mante-la frescura do cute.
A hidratación, tan precisa para a pel, conséguese mediante a auga dos alimentos que inxerimos e a auga de bebida. Nas máis das verduras e das froitas, máis de 90 gramos por cada 100 gramos de producto son auga, polo que é interesante incluír estes alimentos na dieta, xa que así inxerimos, case sen nos decatar, boa parte da auga que precisamos. Cómpre non esquecermos que debemos tomar a cotío preto de 1,3 litros de auga e doutros líquidos para equilibra-las perdas e mante-lo nivel adecuado de hidratación. Deste xeito, a pel mantense perfectamente hidratada e elimínanse máis doadamente as toxinas que a prexudican.
Subministran nutrientes imprescindibles para manter unha pel ben estructurada e tersa.
¿Onde se atopan?
¿Que achegan e onde se atopan?
Conteñen vitaminas, minerais e proteínas, entre outros nutrientes, precisos para mante-la saúde da pel.
Interveñen no bo estado da pel e nos procesos de anovamento celular.Aparecen na maioría dos alimentos de orixe vexetal: verduras, froita fresca, froitos secos, cereais, legumes, lévedo de cervexa, e nos de orixe animal: carne e vísceras, peixe e marisco, ovos e lácteos.
¿Onde atopalas?
¿Cales son os máis salientables?
Son constituíntes básicos da pel.
¿Onde atopalas?
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI